Lugo, 24 de xuño de 2021. Dez compañías actuarán dentro do circuíto de teatro profesional Aparte, organizado pola Vicepresidencia da Deputación en colaboración con concellos e asociacións.Trécola, Titiriterra, Mircromina Teatro, Lîlâ Teatro, Ubú Teatro, Señor López Producións, Ítaca Teatro, Pínconús Teatro baixo da area e A compañía solitaria do Dr. Monifate xirarán polas comarcas da provincia con montaxes para distintos públicos.
A programación ponse en marcha coa mesma fórmula que o ano pasado para facilitar que concellos e asociacións teñan marxe para cambios ou aprazamentos de datas, en función da situación sanitaria.
Na presentacion do circuíto, acompañada por integrantes de Ubú Teatro, Pínconús e Ítaca Teatro, a vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, sinalou que coa organización deste ciclo se “mantén o apoio á rede de compañías de teatro e facilita que todas as persoas poidan disfrutar das artes escénicas e da actividade cultural en todo o territorio”.
O calendario inclúe 36 representacións en Cervo, Burela, O Vicedo, O Valadouro, Foz, Barreiros, Lourenzá, Alfoz , Ribadeo, Viveiro, Riotorto, Meira, A Pastoriza, Pol, A Fongrada, Castroverde, Friol, O Corgo, Rábade, Guitiriz, Vilalba, Xermade, Sarria, Triacastela, O Inicio, Monforte, Quiroga, Sober, Pobra do Brollón, Bóveda e Pantón.
Maite Ferreiro agracedeceu “a colaboración de concellos e asociacións para levar a cabo esta programación teatral que é un dos sinais de identidade da política cultural desenvolvida desde a Deputación de Lugo nos últimos anos”.
Neste sentido, explicou que “a posta en marcha do Buxiganga foi un punto de inflexión para as artes escénicas en Lugo. Ao seu abeiro naceron algúns dos grupos de teatro que hoxe son profesionais, creando unha rede que segue mantendo un gran dinamismo, malia as dificultades dos últimos meses”. Asi, remarcou que “o circuíto deste ano incorpora un grupo máis que o ano pasado, A compañía solitaria do Dr. Monifate, e a maior parte das compañías ofrecen montaxes novas”, remarcou.
Ao circuíto profesional de teatro, que conta cun orzamento de 50.000 euros, sumarase o lanzamento, nas vindeiras datas, do circuíto de compañías afeccionadas.
























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



