Santiago de Compostela, 24 de xuño, 2021. O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas (Mini) denunciou a “falta de control da Xunta sobre as plantacións ilegais de eucalipto” e pediu unha rectificación porque de non facelo, afirmou, a Xunta estará “conculcando a ilegalidade”.
Rivas lamentou o voto en contra da iniciativa nacionalista e acusou á Xunta de ofrecer “unha amnistía velada ” para os responsables das plantacións ilegais de eucalipto. Por outra parte, asegurou que Medio Rural confunde “unha moratoria en serie” cun “levantamento masivo” para máis de 35 mil hectáreas “oficiais” de terreo agropecuario plantadas con eucalipto e criticou a “inacción do PP ante esta situación.
Dende o BNG, reiterou o deputado, propoñemos que o goberno “cumpra a legalidade”. A nosa iniciativa vai nesta liña e se vostedes non os fan estarán constatando que queren ofrecer “unha amnistía” ás plantacións ilegais, reireou.
Xosé Luís Rivas lembrou que o ex-conselleiro de Medio Ambiente Carlos del Álamo iniciou no ano 92 a operación ENCE pagando para introducir, de maneira masiva, o cultivo e forestación a base de eucalipto, naquel momento consderada unha “árbore curiosa”, cun crecemento máis rápido que o Piñeiro e cun alto consumo de auga que afectaba gravemente as fontes e mananciais.
A Chaira luguesa, explicou o deputado coas súas duras xeadas e as terras altas da Fonsagrada e mesmo do Piornedo xa poden contar coa bendita solución económica para o rural, o eucalipto, como complemento ás ridículas pensións e como garantía de futuro dun rural poboado, produtivo e próspero, ironizou o parlamentario.
En 2017-2018 chega a alarma a Consellería ante o ritmo de expansión do nitens é o adecuado, de 10 a 12.000has/ano de expansión nos últimos 10 que dan de 100 a 120.000Has novas. Mentres as leis prohiben plantar en terra agropecuaria , preguntou “quen controla esta ilegalidade e quen induce a ela?”
A recentemente aprobada lei de Recuperación da Terra Agraria inclúe unha moratoria do eucalipto que tras publicitarse desatou unha febre plantadora sen parangón, tamén en terras agrícolas e pecuarias. Ademais da ilegalidade que supón a forestación destas terras de alto valor produtivo, o anuncio da tal moratoria produciu o efecto contrario do que en teoría pretendería a lei.
Nos concellos con PXOM e os que non o teñen, “ninguén move un dedo para a reposición da legalidade”. Desde os distritos, con sobrecarga, tentan actuar sobre aquelas fincas que foron denunciadas, sabendo que desde a Consellería existe unha “orde tácita, nunca escrita, de dar largas e non actuar”, unha situación que provoca enfrontamentos innecesarios entre veciños e veciñas, uns gandeiros/as en activo e outros/as xubilados/as ou absentistas.
O deputado concluíu a súa intervención instando á Xunta a tomar medidas para identificar as terras agropecuarias forestadas “ilegalmente” e repoñer a legalidade.
A iniciativa do BNG foi rexeitada polo grupo parlamentario do Partido popular.





















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



