Barreiros, 10 de xuño de 2021. O Concello de Barreiros está a levar a cabo a mellora de máis de 2,5 kms en cinco vías municipais das parroquias de San Cosme, Benquerencia e San Miguel por un importe de 30.670,91 euros.
A alcaldesa, Ana Ermida e o concelleiro de obras, Antonio Veiga, visitaron no día de hoxe as obras para comprobar a súa execución, que finalizará nos vindeiros días. Trátase de obras en viais de pequena dimensión nos que se inclúe a limpeza de cunetas e renovación do firme, axustándose ao orzamento obtido das rebaixas das obras do plan único do 2020. Os viais son os que dan acceso aos depósitos da Folgueirosa e acceso da Cruz Pequena a Vilar, en San Cosme; acceso en Escanlar, en Benquerencia e dous accesos en Triana e Pumarín, en San Miguel.
Con estas actuacións, que se suman ás principais do Plan Único -cuxo comezo se prevé na vindeira semana- contémplase a mellora de máis de sete quilómetros de pistas de titularidade municipal con cargo aos fondos obtidos da deputación de Lugo, supoñendo un investimento neste concepto de preto de 140.000 euros.
O Concello xa ten adxudicado o plan marco de camiños do 2020-2021 financiado pola Xunta de Galicia por un importe de 51.290,69 euros para un total de 1,6km en Vilamartín e San Xusto.






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



