Lugo, 14 de xuño de 2021. A Deputación de Lugo impulsa a terceira edición do festival Mindomúsica de Mondoñedo. A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, xunto a Raquel Maseda, director artística do certame, presentou este luns no Pazo de San Marcos a cita coa música de cámara, que terá lugar entre o sábado 26 de xuño e o domingo 4 de xullo en lugares emblemáticos do municipio mindoniense, como a Catedral ou a Casa dos Coengos.
“Esta é unha iniciativa musical e cultural ideal para a promoción turística de Mondoñedo, da comarca da Mariña e do conxunto provincia”, explicou García Porto. A Deputada destacou o formato do festival, que achega a música clásica á xente por medio de concertos, encontros e entrevistas cos diferentes intérpretes. “Este festival ofrece a oportunidade de escoitar a mellor música de cámara en escenarios únicos, como a Catedral de Mondoñedo. Cos seus máis de 800 anos é monumento nacional desde 1902, basílica desde 1962 e declarada Patrimonio da Humanidade desde 2015. Esta iniciativa tamén é unha ocasión única para viaxar no tempo, porque as obras que se interpretarán estarán vencelladas ao arquivo de música da Catedral”, apuntou García Porto.
A Deputada destacou a aposta da Deputación por “un turismo sostible, sen masificacións, de natureza e experiencias, que pon en valor o patrimonio da provincia e que crea emprego no rural”. Pilar García Porto explicou que “para seguir fortalecendo este modelo de turismo, que se viu reforzado tras o impacto da pandemia, tamén é importante apoiar eventos como o Festival Mindomúsica, que potencian un turismo de calidade e de experiencias”. E engadiu que esta labor, continuada no tempo, “axudará a fixar poboación, creando un emprego sustentable ligado ao territorio, pensando nas nosas fortalezas e nas oportunidades que temos”.
A institución provincial colabora con 3.000 euros na organización desta terceira edición de Mindomúsica, á que a veciñanza poderá asistir de xeito gratuíto.
Programa Mindomúsica
– Sábado 26 de xuño. Parroquias Tour, mini concerto e encontro coa veciñanza por diferentes parroquias do concello de Mondoñedo.
– Xoves 1 de xullo, ás 20:30 horas, na Casa dos Coengos. Faladoiro e entrevista sobre o Arquivo de Música da Catedral de Mondoñedo a cargo de Carlos Villanueva (musicólogo e catedrático da USC) e Joám Trillo (compositor e profesor no CSMV).
– Venres 2 de xullo, ás 20:30 horas, na Catedral de Mondoñedo. Concerto de música de cámara con obras de autores relacionados co Arquivo de Música da Catedral:Pacheco, J.Haydn e J.P.Almeida.
– Sábado 3 de xullo, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal Pascual Veiga. Concerto de música de cámara con obras de J.Brahms e R.Schumann.
– Domingo 4 de xullo, ás 12:00 horas, Centro Cultural da Alcántara. Concerto de música de cámara con obras de O.Messiaen e J.Brahms.
Escola Municipal de Música
Mindomúsica tamén contempla unha actividade divulgativa cos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Mondoñedo. A Deputación de Lugo colabora a través do Plan Único cunha achega de preto de 33.000€ para o gasto desta formación.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



