Mondoñedo, 22 de xuño, 2021. Este venres 25 de xuño ás 23:00h na Praza da Catedral de Mondoñedo o dúo musical formado polo cantautor César Morán Fraga e a violinista Rebeca Maseda ofrecerá o concerto EnClave Poético.
O evento, de entrada libre ata completar o aforo, figura integrado no marco das actividades do I Encontro Álvaro Cunqueiro. O camino de quita e pon (1981-2021), o curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela que se desenvolverá en Mondoñedo entre o propio venres 25 e o sábado 26 de xuño.
As persoas que asistan ao concerto, promovido pola Casa-Museo Álvaro Cunqueiro e mais o Concello de Mondoñedo, poderán gozar dun repertorio que incluirá temas do disco Haberá primavera, que musica poemas de Cun-queiro, e outros temas baseados en textos de escritores mindonienses e non só.
A organización ultima todos os preparativos para este concerto, que contará coas preceptivas medidas de seguridade, se realizará ao aire libre e gardará estritamente as recomendacións anticovid.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



