Mondoñedo, a 3 de xuño de 2021. O Concello de Mondoñedo continúa a apostar pola recuperación do seu patrimonio. Así, a través dun convenio de colaboración con Galician Country Homes organizan a xornada ‘Mondoñedo Renace’ que terá lugar este sábado 5 de xuño no auditorio municipal Pascual Veiga a partir das once da mañá.
“Os obxectivos desta entidade diríxense á recuperación e á potenciación do patrimonio histórico e a loita contra o reto demográfico, na mesma liña que os do noso Concello e o Goberno galego”, puntualizan dende o goberno mindoniense.
A benvida da xornada ‘Mondoñedo Renace’ correrá a cargo da tenente de alcalde e deputada autonómica, Elena Candia, á que lle seguirá a intervención da xefa da área de Turismo, Paloma Vázquez, sobre a rexeneración e renovación urbana na área Rexurbe Mondoñedo.
Posteriormente, será a quenda de catro relatorios. A directora xeral de Galician Country Homes, Rosy Costoya, falará sobre o proxecto Mondoñedo Renace: recuperando o esplendor do Antigo Reino de Galicia; a xefa de área do IGVS en Lugo, Mar Gómez Pardo, exporá as axudas á adquisición e rehabilitación de inmobles para vivendas e para a posta en marcha de iniciativas empresariais; o profesor-doutor da Universidade Rey Juan Carlos, Felipe Rodolfo Debasa Navalpotro abordará os conceptos de desinfoxicación e resiliencia; e, finalmente, o historiador e arqueólogo do Concello de Mondoñedo, Abel Vigo, repasará o patrimonio mindoniense.
A programación tamén recolle unha mesa de experiencias nun formato mixto (videoconferencia, vídeo e presencial) denominada “Eu quédome… en Mondoñedo” na que participará a investidora estadounidense Sorina Infante, a compradora da antiga fábrica de gasosas, a francesa Marie Virgiene Joëlle, a tradutora vasca e xerente do negocio de artesanía de Mondoñedo “A Esmaltería”, Beatriz Olaizola; o madrileño e o arxentino que mercaron unha vivenda indiana, Víctor Gómez e Juan Rezzuto; e dous baleares que mercaron tamén unha casa no casco histórico, Luis e María.
A clausura, arredor da unha e cuarto do mediodía, correrá a cargo do alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, despois da proxección do vídeo promocional do Plan Rexurbe.
A xornada conta coa colaboración da Xunta de Galicia, o IGVS, Inmobiliaria Áticca, Inmobiliaria Mondoñedo e Hotel Camino de Estrellas.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



