A Mariña, 8 de xuño de 2021. O vindeiro 19 de xuño terá lugar a estrea das audioguías ficcionadas de Lourenzá e de Alfoz, que se suman ás xa existentes de Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro. Esa fin de semana, os días 19 e 20 deste mes, terán lugar varios paseos ficcionados que contarán coa presenza dos actores de Chévere, o grupo de teatro que deseñou e elaborou este proxecto para a Mancomunidade de Concellos da Mariña e no que colaboran a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia e os concellos escenarios das audioguías.
Con motivo da presentación o próximo 19 de xuño das novas audioguías ficcionadas para Lourenzá e Alfoz, estes dous concellos xunto aos de Mondoñedo e Ribadeo, á Mancomunidade e á compañía de teatro Chévere poñen en marcha a iniciativa Chévere acompaña as audioguías ficcionadas da Mariña Lucense, acción coa que se pretende poñer en valor e dar a coñecer este orixinal proxecto entre os visitantes e a propia veciñanza da Mariña Lucense.
O presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, lembrou que “nos últimos anos, dende a Mancomunidade vense traballando na dinamización e promoción da Mariña Lucense como un destino turístico rico e diverso do norte de Galicia, onde produtos asociados a un turista curioso, respectuoso e sensible co territorio como son o turismo slow, o turismo cultural, o turismo de natureza, o xeoturismo, o gastronómico, etc, unidos á privilexiada contorna natural e á gran diversidade e riqueza cultural funcionen como produtos tractores da demanda turística ao territorio”.
Cajoto subliñou que “neste contexto, o obxectivo de continuar a desenvolver as audioguías ficcionadas, é o de achegar valor aos visitantes e tamén á propia veciñanza a través de experiencias diferenciadoras, favorecendo a súa permanencia e a desestacionalización e fortalecendo o posicionamento da Mariña Lucense como destino slow, sostible e de calidade”.
A axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade, Tania Hermida, explicou que “as audioguías ficcionadas foron deseñadas e elaboradas polo Grupo de Teatro Chévere, compañía con máis de 30 anos de traxectoria, gañadora do Premio Nacional de Teatro de 2014 e que se converteu no grupo de teatro máis prolífico e coñecido da historia recente de Galicia cun recoñecido prestixio tamén a nivel nacional. No proxecto colaboran tamén a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia, e participan os concellos escenarios das guías: Alfoz, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro”.
E indicou que “en 2018 e 2019 puxéronse en marcha as audioguías das vilas históricas e portas de entrada ao xeodestino de Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro en galego, castelán, inglés e francés e agora en 2021 súmanse ao proxecto as do Castelo de Castro de Ouro en Alfoz e a vila de Vilanova de Lourenzá, polo momento, só en galego, aínda que proximamente serán traducidas ao castelán e a medio prazo ao inglés e francés. Cada audioguía conta cun enfoque, un tratamento e un formato diferenciado, que buscan a implicación emocional por parte da persoa que escoita: provocar a curiosidade e promover que se fagan os distintos paseos”.
Fran Cajoto dixo que “se trata dunha iniciativa pioneira en España, que utiliza unha serie de recursos documentais e literarios, mapas sonoros, dramatizacións, entrevistas, voces narradoras, música… para crear unha proposta turística amena e suxestiva, que transcende á audioguía máis tradicional, que normalmente se limita á descrición dos recursos. Neste caso, proponse unha atmosfera, un ambiente moi persoal, que evoca a esencia de cada espazo e introduce ao visitante polos diferentes recursos turísticos da cidade, guiándoo e acompañándoo, dándolle a coñecer lugares e anécdotas que doutra forma lle sería moi difícil descubrir”.
O presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña engadiu que “ademais, son un recurso complementario das visitas con guía e mesmo das visitas teatralizadas. As audioguías ficcionadas permiten as visitas individualizadas, en parella ou grupos, sen cita previa e nos días en que as oficinas de turismo están cerradas por descanso, vacacións, etc, con custos de produción reducidos, mantemento mínimo e un prezo baixo para o público final. No contexto covid19, un produto que facilita unha actividade ao aire libre e que se pode realizar de xeito individual, aporta un novo activo á proposta”.
Co obxectivo de poñer en valor este produto e dalo a coñecer entre o público en xeral, a fin de semana do 19 e 20 de xuño terán lugar uns paseos ficcionados, a través destas audioguías, polos concello de Alfoz, Lourenzá, Mondoñedo e Ribadeo cunha introdución e coloquio final da man dos seus creadores, a compañía de teatro Chévere.
Os Concellos de Alfoz, Lourenzá, Mondoñedo e Ribadeo animan á xente a achegarse ás súas localidades con motivo desta orixinal iniciativa, a pasar unha xornada diferente e enriquecedora da man dunha compañía de teatro de gran prestixio como Chévere e coñecer desta forma, máis en profundidade, parte do seu patrimonio e historia. Con sentidiño, trátase dunha oportunidade única e segura de poder desfrutar de historias ficcionadas e ambientadas nos catro concellos, historias que os fan únicos e diferentes.
Datas e horas:
19 de xuño. 12horas. Vilanova de Lourenzá.
Historias que resoan na voz dun neno chamado Fernández del Riego (GAL)
Presentación e coloquio con Manuel Cortés e Xron
19 de xuño. 19 horas. Ribadeo.
Unha banda sonora orixinal para imaxinar a película do legado indiano
Ribadeo, alén do tempo (GAL e ES).
Presentación e coloquio con Miguel de Lira e Xron
20 de xuño. 12 horas. Alfoz.
O Mariscal: mito, lendas e novas do último guerreiro medieval (GAL)
Presentación e coloquio con Patricia de Lorenzo e Xron
20 de xuño. 17 horas. Mondoñedo.
Mondoñedo e familia. Cunqueiro na voz da veciñanza.
Mondoñedo e familia (GAL e ES).
Presentación e coloquio con Patricia de Lorenzo e Xron
A duración dos paseos é duns 45 minutos, aos que hai que sumar a introdución e posterior coloquio. Facilitaranse auriculares. O aforo será limitado e será obrigatorio o uso de máscara en todo momento, xel hidroalcohólico e a distancia física de 2 metros entre persoas non convivintes. Información e reservas: turismo@amarinalucense.gal, teléfono: 654 089 894 e na web amarinalucense.gal
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.



