Ribadeo, 23 de xuño de 2021. O alcalde, Fernando Suárez, lémbralle ao voceiro municipal do PP que o PEPRICH foi aprobado por unanimidade pola Corporación Municipal, hai poucas semanas. O rexedor dixo que o único que fixo agora a Xunta foi dar conta do anuncio enviado polo Concello para publicalo no Diario Oficial de Galicia. Suárez Barcia subliñou que este plan levou dez anos de traballo do goberno municipal e considera que o voceiro municipal popular se pasou de freada, unha vez máis, atribuíndolle á Xunta a aprobación definitiva do documento.
O alcalde ribadense manifestou que “en dúas palabras, como diría Jesulín de Ubrique, im-presionante. Así é a última nota de prensa do voceiro municipal do PP na que se queda tan a gusto atribuíndolle á Xunta de Galicia a aprobación definitiva do Plan Especial do Casco Antigo de Ribadeo, o que se coñece comunmente como PEPRICH. Este afán alucinado por facerse ver, lévao unha vez máis a pasarse de freada atribuíndolle á administración autonómica unha tarefa que non tivo”.
Suárez Barcia dixo que “o PEPRICH foi aprobado pola Corporación Municipal de Ribadeo, hai poucas semanas, co voto unánime de todos os membros dos grupos municipais, e tamén do seu. O único que fixo a Xunta agora foi dar conta do anuncio que lles enviamos hai poucos días para publicalo no Diario Oficial de Galicia, tal e como mandan as normativas de aplicación, e previo pago incluso pola nosa parte das taxas para acceder a tal publicación”.
O rexedor subliñou que “este plan especial levou nada menos que dez anos de traballo do goberno municipal para acadar todos os estritos informes sectoriais de todas as administracións implicadas nesta materia urbanística, especialmente da administración galega, pero tamén da do Estado e da Deputación Provincial. Polo que vir agora dicir que a Xunta foi sensible ás necesidades de Ribadeo é cando menos faltarlle á verdade porque foi máis ben que o Concello aceptou todas as instrucións que a Xunta foi requirindo, algunhas delas por certo ben contraditorias entre varios departamentos do propio goberno galego, e foi precisamente o labor teimudo do goberno municipal, xunto coa experiencia dos técnicos, a que logrou atopar os xustos puntos de encontro para que o documento contase con todos os vistos e prace necesarios para que finalmente o puidésemos aprobar definitivamente”.
Fernando Suárez engadiu: “tampouco podemos esquecer o labor dos representantes de todos os grupos da Corporación que ao longo dos últimos tres mandatos municipais estiveron en innumerables xuntanzas técnicas para opinar, argumentar e atender, sempre dilixentemente, as propostas que os técnicos ían facendo. Membros de todos os grupos, tamén do seu. Si é certo que a Xunta de Galicia concedeu, no ano 2011, unha cantidade económica importante para a redacción deste plan. Isto é algo que se valorou no seu momento e se valora a día de hoxe. Como tamén é o feito de que moi poucos concellos ao longo do noso país se teñen comprometido, como fixo o de Ribadeo, para ter un planeamento urbanístico moderno, con seguridade xurídica, adaptado ás leis actuais e preparado para seguir recuperando e poñendo en valor un grande anaco da historia viva e tanxible do noso pobo, que é nin máis nin menos que o casco vello de Ribadeo. Agora, no futuro inmediato, preséntanse oportunidades de rehabilitación interesantes. E veremos, polo tanto, se a Xunta se compromete cando proximamente lle plantexemos novos proxectos. A ver logo se é verdade”.





















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



