Ribadeo, 24 de xuño de 2021. O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, oferta por primeira vez un curso sobre fabricación e mantemento de embarcacións de fibra. O alumnado fará as prácticas nas instalacións da firma Astilleros del Eo, no municipio asturiano de Castropol.
O director do CIFP Porta da Auga, Isidro Berdeal, explica que “froito dun convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, da Xunta de Galicia, e a empresa Astilleros Gondan S.A., nace o curso de formación específica para futuros traballadores de Astilleros del Eo, especializado na fabricación de embarcacións de fibra. Dito curso será moi específico e permitirá ao alumnado adquirir unha serie de competencias en procesos de fabricación e mantemento deste tipo de embarcacións”.
Isidro Berdeal destaca que “o período de formación será de setembro de 2021 a febreiro de 2022, cun total de 632 horas, nas que o alumnado participante, unha vez adquiridas ditas competencias, realizará un período de prácticas nas instalacións do propio estaleiro, abrindo así a posibilidade de pasar a formar parte da plantilla de traballadores/as de Astilleros del Eo. Con esta formación o alumnado obterá competencias en pintura, reparación e construción de elementos de plástico reforzado con fibra en embarcacións deportivas e de recreo, en particular en procesos de fabricación e mantemento de compoñentes de plástico reforzado con fibra”.
Os tres niveis da FP
Ademais a oferta educativa do CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, para o vindeiro curso 2021-2022 inclúe os tres niveis da Formación Profesional cos seguintes ciclos formativos: en FP Básica haberá de Servizos Administrativos e de Mantemento de Vehículos; en canto a ciclos formativos de grao medio terá dous de Xestión Administrativa -un deles modular a distancia-, de Obras de Interior, Decoración e Rehabilitación (modular – presencial), de Instalacións Eléctricas e Automáticas, de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e de Electromecánica de vehículos automóbiles; e os ciclos formativos de grao superior serán de Administración e Finanzas, de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados (modular – presencial), de Educación Infantil e de Automoción.
O prazo de admisión de alumnado está aberto desde este venres, 25 de xuño, ata o 5 de xullo ás 13 horas.




















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



