Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2021. A deputada autonómica e voceira de Sanidade do PPdeG no Parlamento de Galicia confirmou que o servizo de Radioloxía do hospital da Mariña mantén a actividade ordinaria e a atención continuada, de tal xeito que os doentes desta comarca nunca tiveron que desprazarse a ningún outro hospital para a realización de probas de diagnose, salvo a mulleres do plan de cribado do cancro de mama que, despois de facer a mamografía na Mariña, e sempre por indicación do propio sistema, precisan unha terceira proba específica e dirixida que debe realizarse no Hula.
Desta forma tan rotunda a popular desmontou “as falsidades” esgrimidas polos socialistas respecto deste asunto nos últimos días, pois dende a dirección do centro, explicou, “tomáronse as medidas pertinentes para garantir a prestación deste servizo que conta na actualidade con 3 radiólogos”.
Falta de radiólogos, non desentendemento do Sergas
A plantilla do hospital da Mariña é de 5 especialistas en Radioloxía. O motivo da ausencia dos dous facultativos non é outro que a falta de profesionais. “Non hai radiólogos dispoñibles”, precisou a deputada autonómica. Con todo, dende que se produciron as vacantes, o Sergas ofertou de xeito inmediato as dúas prazas de forma continuada e séguese a ofrecer a todos os residentes que remataron no último ano. Tamén se levou a cabo unha busca activa en todas as frontes posible. Tal é así que, nos últimos dous meses, se desenvolveu unha oferta pública destas dúas prazas para a súa cobertura e interinidade; unha das convocatorias quedou deserta e, a segunda, está na actualidade en fase de resolución. Mentras, destaca Amigo, “o servizo nunca se viu mermado na atención aos doentes”.
“Compromiso patente”
O obxectivo da dirección do hospital, da xerencia da Área Sanitaria e do Sergas, remarcou a deputada, é cubrir tan pronto sexa posible estas prazas. Por iso, os populares votaron a favor da iniciativa presentada polo Grupo do PSOE. E é que “o compromiso coa sanidade pública da Xunta de Galicia, tal e como veño de explicar, queda patente, como así se demostra tamén co investimento de 15 millóns de euros para continuar coa reforma do hospital”.
Concretamente, lembrou a voceira de Sanidade, as fases dúas e tres do plan director inclúe o deseño dun novo edificio, así como a modernización e a reorganización de espazos nas estruturas existentes. O pasado ano rematouse a primeira fase, que incluíu a construción dun edificio novo anexo ao orixinal e alberga diversas consultas externas, ademais do hospital de día, as áreas de Hospitalización e Farmacia, e un aparcadoiro con dúas plantas cun heliporto na súa cuberta. Todo elo, cun orzamento doutros 15 millóns. Tamén se melloraron varios sevizos, de tal xeito que hoxe todos os mariñaos con cancro son atendidos no seu hospital por oncólogos especializados en cada enfermidade. “Así evitamos que se despracen os doentes, atendéndoos preto do deu domicilio. O mesmo acontece en Monforte. É dicir, son os médicos os que se moven e non os enfermos”, puntualiza.





















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



