Ribadeo, 9 de xuño de 2021. O Concello de Ribadeo leva a cabo estes días labores de limpeza de gabias nas parroquias de Piñeira, Vilaframil e A Devesa. A actuación abrangue 30 quilómetros de cunetas e os traballos foron supervisados polo alcalde, Fernando Suárez, e o polo concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil.
O edil ribadense explicou que “dende a Área de Medio Rural estamos nestes días reanudando a limpeza de gabias en varias parroquias do concello. Para isto votamos man tanto dos recursos propios municipais, como é a máquina de limpeza que adquirimos recentemente ou ben, como agora, a través dunha axuda da Deputación de Lugo.
Contratamos a unha empresa externa para actuar nas parroquias de Piñeira, Vilaframil e estes días estamos rematando na Devesa. Nesta fase imos actuar nuns 30 quilómetros de limpeza de cunetas”.
Marcos Villamil dixo que “sabemos tamén que hai moitos máis camiños municipais que están necesitados deste tipo de limpeza, xa que favorece moito o discorrer das augas e evitarán que se estraguen os camiños antes de tempo. Por todo isto, temos pensado seguir actuando no resto das parroquias do concello nos próximos tempos”.
























A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



