Foz, 15 de xuño de 2021. As infraestruturas do saneamento son fundamentais para a saúde medioambiental dos municipios. No caso de Foz, hoxe deuse un paso de xigante no camiño para alcanzar o día histórico en que o municipio conte coa necesaria nova depuradora. No grupo municipal popular, segundo sinala o seu portavoz, Javier Castiñeira, están “moi satisfeitos pola novas que nos trasladan dende a Xunta de Galicia da aprobación da declaración de impacto ambiental para a depuradora, proposta no seu día polo PP e apoiada por Foz Plataforma de Futuro, na Granda de Forxan”.
Castiñeira sinala: “É un paso moi importante para poder licitar esta obra, que foi firmada no seu día nun convenio entre a Xunta de Galicia (Consellería de Infraestruturas) e o propio goberno do Concello de Foz, que daquela era do Partido Popular; agora a pelota está no tellado do Concello de Foz, que debe aprobar en pleno ese anteproxecto. Esperemos que o equipo de goberno, formado PSOE e BNG, que no seu día votaron en contra, agora non boten atrás este proxecto tan esperado e necesario para o noso concello”.
Castiñeira anuncia que, neste asunto, o goberno local conta “co apoio do Partido Popular”. Engade: “O equipo de goberno debe aprobar cantos antes os orzamentos e neles incluír unha partida para comprar os terreos na Granda de Forxán; unha vez postos a disposición de Augas de Galicia, quedaría a licitación do proxecto e da obra”.
Os populares están convencidos de que “a posta en servizo desta depuradora será un cambio histórico especialmente no eido medioambiental; coñecendo os problemas que nos trouxo a antiga depuradora, aínda en funcionamento no porto de Foz, está clara a importancia de ter unha nova depuradora”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



