Barreiros, a 22 de xuño de 2021. Un saneamento en boas condicións, con capacidade para atender ás necesidades da poboación, é fundamental para a conseguir calidade medioambiental. Aínda máis en municipios que, polas súas características, acollen durante a tempada estival a gran número de visitantes. Este é o caso do concello de Barreiros e sinaladamente, dentro deste, de San Miguel de Reinante. É necesaria unha mellora do saneamento e para elo é precisa a colaboración das distintas administracións. A Xunta comprométese a aportar un terzo do custo das obras; outro terzo correría por conta do Concello e, o restante, a cargo da Deputación. O grupo provincial do PP quere coñecer se a Deputación, presidida polo socialista José Tomé, está disposta a colaborar, na porcentaxe indicada, na mellora do saneamento de San Miguel de Reinante. O deputado popular José Manuel Gómez Puente anuncia a presentación dunha pregunta na próxima sesión plenaria do organismo provincial.
Puente sinala: “A normativa vixente en materia de réxime local establece que os concellos teñen a competencia exclusiva en materia de abastecemento e saneamento. Conforme a esta mesma normativa tamén as deputacións provinciais teñen entre as súas obrigas prestar apoio ás entidades municipais nas súas competencias, fundamentalmente aos municipios máis pequenos”.
O mesmo deputado popular lembra que “dende a Xunta de Galicia ofrecéuselle ao Concello de Barreiros apoio técnico para realizar un estudo de alternativas que lle permita determinar a actuación máis idónea para a mellora do saneamento en San Miguel de Reinante, onde este servizo público municipal presenta deficiencias”. Destaca que “o Goberno galego trasladou incluso a súa disposición para cofinanciar a actuación que se estime tecnicamente máis acaída na mesma porcentaxe que a Deputación Provincial de Lugo e o Concello, é dicir, un terzo do investimento necesario”.
Os populares queren saber se o Concello de Barreiros pediu colaboración á Deputación para a mellora do saneamento de San Miguel de Reinante e, de ser así, se aportará a parte correspondente.


























O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



