Burela, 22 de xuño de 2021. O Concello de Burela vén de recibir a resolución da Consellería do Mar pola que se concede unha axuda ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo. Burela Inclusiva e Innovadora promoverá a economía circular co sector pesqueiro grazas a este proxecto bianual de 54.001,10 euros financiados ao 100%.
A concelleira de Servizos Sociais e de Mar, Carmela López, promotora do proxecto, une ambas concellerías grazas ao mesmo, no que se fomenta o traballo en equipo de entidades de inclusión social e do sector pesqueiro: “hai varias actividades programadas, como obradoiros terapéuticos nos que se elaborarán produtos artesanais que terán como base do deseño as redes, tamén programas de sensibilización ambiental nos que se creará unha mostra itinerante e un obradoiro de creación artística que culminará co acondicionamento do muro da antiga conserveira de Burela, situado na entrada ao porto. Neste caso a través dun concurso preténdese crear unha obra de arte que engada valor á nosa vila”.
A Federación Galega de Confrarías e en especial a Confraría de Burela, a Fundación Expomar, a Asociación de Redeiras Cabo Burela, a Fundación Eu Son, a Asociación de Axuda ao enfermo mental da Mariña, a Asociación A Mariña Sen Plástico e o Concello de Burela están xuntos nun grupo de traballo que promove a inclusión social, a conexión co sector pesqueiro, a promoción turística da vila e que pretende consolidar unha sociedade máis educada ambientalmente, grazas ao proxecto Burela-In.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



