Lugo, 14 de xuño de 2021. Como recordo da desaparecida sociedade provincial Suplusa queda o edificio que lle serviu de sede, no número 11 de San Marcos, na capital lucense. É un inmoble restaurado, adquirido no 2008 pola Deputación, que mantén na súa fachada o letreiro que aínda o identifica como sede da citada sociedade. O grupo provincial do PP quere saber como se atopa por dentro o inmoble, agora sen uso, polo menos en aparencia. Para elo solicitou ao goberno provincial poder acceder a este edificio, segundo explica o portavoz popular, Javier Castiñeira.
O portavoz do PP sinala: “Entre outros bens, a Deputación de Lugo acaba de herdar un edificio no número 11 de San Marcos, na capital lucense, con catro plantas e case que 850 metros cadrados construídos, que servía como sede de Suplusa recentemente extinguida. Trátase dun edificio de gran valor e moi ben restaurado, que actualmente está sen uso. Por elo, o grupo provincial do PP acaba de solicitar autorización para poder visitalo e poder valorar un novo destino para el, debido a súa excelente ubicación fronte ao pazo de San Marcos”.
Castiñeira di: “Esperemos que, desta volta, si nos concedan o solicitado e non pase como co permiso que pedimos para acceder as instalacións do antigo taller de Manuel Mallo, en Begonte: denegáronnos o acceso por descoñecer, segundo dixeron, o seu estado e coa vaga desculpa de velar pola nosa seguridade”.
O portavoz popular explica: “En concreto, este edificio de San Marcos 11 foi adquirido no ano 2008, por valor de 1,5 millóns de euros, coa idea de albergar un centro de promoción industrial da Deputación, con información urbanística sobre a oferta de solo industrial, que, naquel momento, estaba sendo promovido pola Deputación, algo que a día de hoxe non se está a facer. Durante este tempo cumpriu á perfección a súa faceta mentres pertenceu a Suplusa”.
Os populares sinalan que agora que o goberno provincial cambiou de estratexia, rexeitou no seu día crear o plan industrial no rural que solicitaba o grupo popular e que fronte a solicitude do PP renuncia a crear novos parques, como en Riotorto e noutros máis de 30 concellos que tiñan acordos con Suplusa, queren que este edificio siga sendo unha referencia.
Castiñeira manifesta: “Non entendemos a estratexia do PSOE e BNG de rexeitar a promoción de solo industrial e deixar esa responsabilidade á Xunta, como dixeron; nós cremos que todas as administracións deben participar e máis no caso da Deputación de Lugo que, neste terreo, foi unha referencia no seu día, como referencia é tamén este edificio que está sen uso; esperemos que en pouco tempo teña unha utilidade tan digna como aquela para o que foi concibido”.


















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



