Nel repásase a historia de diferentes sucesos marítimos dos que o autor puido recopilar información en diferentes fontes, e que teñen como punto en común que tiveron lugar na zona marítima do Vicedo ou con protagonistas do Vicedo. O libro contén tamén unha morea de curiosidades sobre a zona e o mundo do mar que o fan moi ameno. A edición do libro contou coa axuda económica da Deputación de Lugo. A presentación contará coa presencia do propio autor, Hixinio Puentes e do alcalde do Vicedo, Jesús Novo. Debido ás limitacións sanitarias, o aforo será limitado.
Presentación do libro”Sucesos marítimos do Porto do Vicedo”, de Hixinio Puentes, este sábado ás 12h
Presentación do libro”Sucesos marítimos do Porto do Vicedo”, de Hixinio Puentes, este sábado ás 12h
Relacionado
-
O VI Rally da Mariña chega este sábado con treitos en Viveiro, Ourol, Cervo, Xove e O Vicedo
-
A Xunta destina 204.000 euros a seis proxectos de accesibilidade e mellora dos recursos turísticos do Vicedo
-
Celebrada a xunta de seguridade para a sexta edición do Rally Mariña Lucense que se celebra esta fin de semana