Begonte, 1 de xullo de 2021. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a levar a cabo as tarefas de roza nas marxes das estradas autonómicas lucenses que realiza cada ano con cargo aos contratos de conservación ordinaria e vialidade invernal das zonas norte e sur da provincia.
O orzamento é de 649.300 euros para actuar en case 1.500 quilómetros de estradas. Segundo explicou o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, os traballos xa se iniciaron en maio e estímase que durarán ata mediados de xullo.
Arias comprobou hoxe a marcha da campaña na estrada LU-541 ao seu paso polo lugar de Gaibor (Begonte), onde explicou que a Administración galega realiza o acondicionamento das marxes sempre na mesma época, comezando polas zonas onde a vexetación presenta un estado máis avanzado por particularidades climáticas ou biolóxicas.
O obxectivo desta medida é incrementar a seguridade nas estradas, ao mellorar a visibilidade e diminuír a presenza de materia potencialmente esvaradía. Esta actuación tamén optimiza a capacidade de evacuación dos sistemas de drenaxe das vías (cunetas, tubos…), evitando estancamentos por vexetación; e favorece a percepción da posible irrupción de animais na calzada con maior antelación, permitindo dispoñer de máis tempo de reacción ás persoas condutoras para evitar posibles colisións. Ademais, o aspecto limpo disuade de posibles verteduras incontroladas e a limpeza das cunetas aumenta a efectividade da calzada como cortalume en caso de incendio.
Estes traballos complementan aos que veu executando ao longo dos últimos meses o departamento de Infraestruturas, a través da empresa pública Seaga, en franxas de dominio público de vías autonómicas das catro provincias para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



