Lugo, 30 de xullo de 2021. A Deputación de Lugo aprobou hoxe sacar a contratación a redacción do proxecto das obras de construción do polígono da Fonsagrada cun orzamento de 35.750€ e un prazo de execución de 4 meses, unha vez iniciadas as tarefas. Así o anunciou a voceira socialista, Pilar García Porto, tras a Xunta de Goberno celebrada este venres no Pazo de San Marcos. A Deputada destacou que “a institución provincial non puido ser máis áxil neste proceso” porque nunha semana aprobou e asinou o convenio co Concello para financiar os traballos, e licitou o contrato.
García Porto lembrou que o pasado luns, o primeiro día hábil despois da aprobación do convenio, o Presidente e o Alcalde da Fonsagrada asinaban xa o convenio “e hoxe aprobamos sacar a contratación a redacción do proxecto”. Isto dá mostra “do noso compromiso de máxima colaboración cos concellos da provincia para sacar adiante servizos e infraestruturas necesarias para a veciñanza e o tecido produtivo, como é o caso do polígono industrial da Fonsagrada”.
Lembrou a voceira socialista que a maiores da achega de 35.750€ para a redacción do proxecto, a Deputación de Lugo xa ten comprometidos outros preto de 600.000€ para acometer as obras do parque empresarial da Fonsagrada, e cumprir así cunha demanda histórica do Concello, da veciñanza e do tecido produtivo do municipio.
“Sen o apoio económico da Deputación de Lugo, como ocorre con tantos outros servizos e infraestruturas da provincia, A Fonsagrada non podería contar cun parque empresarial”, insistiu a voceira, que na liña do que explicou o presidente esta semana, abundou en que se trata dunha “dotación imprescindible, coa que cremos que debe contar A Fonsagrada como concello e como cabeceira de comarca, para reforzar o seu papel como polo de desenvolvemento económico, social e laboral, capaz de xerar un efecto multiplicador na zona”.

























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



