Ribadeo, 20 de xullo de 2021. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destina 215.400 euros nos vindeiros dous anos (ata maio de 2023) ao contrato de atención a visitantes no Monumento Natural da Praia das Catedrais, en Ribadeo, cuxa formalización vén de publicarse na Plataforma de Contratos de Galicia.
Así o anunciou hoxe o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, no transcurso dunha visita ao areal, onde explicou que o Goberno galego aposta por unha xestión “que logre compatibilizar o seu uso público ordenado coa divulgación dos seus valores naturais e a súa conservación”.
Nese sentido, referiuse ás medidas de reforzo dos paneis de advertencia, información e promoción e á contratación de guías para que informen aos visitantes e advirtan do que non se debe facer.
O servizo de atención ao público préstase durante os períodos con limitación de acceso á praia, Semana Santa e meses de verán -ata 30 de setembro-, así como en fins de semana ou datas festivas con moita afluencia turística, como o 1 de Maio, as Letras Galegas ou as pontes da Hispanidade, de Todos os Santos e da Constitución.
Un dos cometidos é controlar a entrada e informar sobre a normativa de uso do areal, como a prohibición de ir por fóra dos camiños e sendeiros, miradoiros e áreas de descanso, recolección de especies de fauna e flora, tirar cabichas e lixo fóra dos lugares habilitados para tal fin, realizar escalada ou similares ou destruír e deteriorar as formacións xeolóxicas, incluíndo a realización de pintadas ou gravados sobre as paredes dos acantilados e a substracción de materiais.
Así mesmo, infórmase dos importes das sancións e dos riscos que poden existir e realízase o seguimento do comportamento dos visitantes. Nese sentido, Arias incidiu en que o coidado deste entorno “ten que contar coa colaboración de todos” e advertiu de que os malos usos ““impactan moi negativamente sobre os espazos protexidos”.
O persoal contratado realiza tarefas divulgativas e visitas guiadas explicando os procesos xeolóxicos que motivaron a formación e evolución do monumento natural, así como os hábitats e especies existentes e as súas presións e ameazas.
“É moi importante este traballo de difusión para lograr a sensibilización e o compromiso social na conservación das Catedrais e para concienciar sobre o seu valor e sobre os riscos que pode conlevar un mal uso deste espazo”, salientou Arias.
O contrato inclúe tamén medidas de reforzo da sinalización de advertencia das zonas onde se poden producir desprendementos e a organización das áreas de aparcamento.
Atractivo turístico
“Cada vez máis persoas demandan desfrutar de forma segura e sustentable de espazos naturais protexidos como este entorno das Catedrais, que constitúe un dos principais reclamos turísticos da Mariña e de toda Galicia”, dixo Arias.
Lembrou que a raíz da aprobación do Plan de conservación deste espazo en 2015 regúlase o acceso á praia nas datas de maior afluencia e avanzou os primeiros datos de visitas deste verán. Así, indicou que no que vai do mes de xullo, 53.503 persoas solicitaron a entrada, sen que en ningunha xornada se alcanzara o tope máximo diario, limitado a 4.812 visitantes. O día con máis rexistros foi onte, luns 19, cando se ocuparon 3.572 das prazas ofertadas.





















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



