Ribadeo, 16 de xullo de 2021. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo chama á prudencia ante o aumento de casos de coronavirus, que, “aínda que é certo que están a subir, é algo que se está producindo de forma xeneralizada en todo o país e que por tanto tamén afecta a Ribadeo, pero este é un municipio seguro pasar as vacacións ou para visitar”.
O presidente de ACISA, Francisco Iriarte, explica que “en Ribadeo a día de hoxe hai 20 positivos, aumentamos en 8 nun só día porque por desgraza non somos alleos ao que sucede en gran parte do país, pero estamos en condicións de menor incidencia que outros municipios. Por iso queremos facer fincapé en que Ribadeo é un lugar seguro: a nosa hostalería, os nosos restaurantes, o noso comercio, os nosos lugares de lecer están perfectamente preparados e equipados e cómprese escrupulosamente coas normas preventivas, por tanto ningún turista ou visitante ou veciño que cumpre as normas terá que ter ningún receo; en Ribadeo estamos a facer un labor importante de concienciación e, por poñer un exemplo, é moi difícil ver a alguén sen máscara pola rúa.”
Pero Francisco Iriarte engade: “non queremos que ninguén se relaxe e por iso seguimos chamando á prudencia e á responsabilidade. Somos conscientes de que os contaxios están a producirse en festas privadas, no ámbito familiar ou no lecer descontrolado; isto xa non é cuestión de Policía ou Garda Civil, que na rúa xa fan o seu traballo vixiando as zonas de risco de botellóns, senón que se trata de responsabilidade individual, tanto de mozas como de adultos e de dobre responsabilidade nos adultos que son pais. Por iso pedímoslle a veciños e tamén a visitantes especial responsabilidade. Todos os turistas son benvidos, desexamos que veñan, pero todos deben de coñecer e cumprir as normas que están vixentes en Galicia, que poden ser diferentes ás da súa comunidade; desde ACISA traballamos intensamente para que se coñezan e así manter a seguridade”.
Pola súa banda o xerente de ACISA, Jesús Pérez, indica que “polo que podemos saber ata o de agora os focos están controlados, está a facerse o pertinente seguimento dos casos e, aínda que é posible que aumenten, debemos transmitir unha mensaxe de tranquilidade porque, como nos trasladan, son focos controlados e illados”.
Jesús Pérez engade: “outra cuestión son as normas ou os recursos cos que se esta atallando esta quinta onda, que afecta a todo o pais e que en Ribadeo de momento non ten un impacto tan elevado como noutras zonas. Son difíciles de entender as medidas que se están anunciando e que se están estudando porque rozan o ilóxico: para entrar no lecer nocturno, a partir do martes, se non estas vacinado, como a gran maioría dos menores de 30 anos e os menores de 40, que non teñen a pauta completa, vas ter que pagar unha PCR ou un test para poder tomar unha copa nun pub ou unha discoteca. Isto implica dúas cousas: que os negocios teñan que contratar a un porteiro para controlar isto e que os menores das devanditas idades por non gastar o diñeiro nunha desas probas fagan a festa na casa ou vaian de botellón. Se a isto lle sumamos que parece ser que se está estudando ampliar esta opción a toda a hostalería, para que cada vez que queiras tomar algo teñas que facer un test, podería supoñer un peche encuberto da hostalería porque quedaría sen unha porcentaxe importante de clientes”.
Rexistro de viaxeiros de Asturias
O xerente da patronal ribadense fai referencia tamén “ao fraco favor que fai incluír a Asturias no rexistro de viaxeiros, aínda que debemos de aclarar, que este rexistro é só para quen pernoite, non para quen veña de compras, a tomar algo ou de visita… Este tipo de normas o único que xeran é confusión e un prexuízo á actividade turística. Desde ACISA Ribadeo cremos que é moito mais útil lembrar a toda a cidadanía, pero especialmente aos turistas e visitantes, as normas para cumprir en Galicia: que o uso da máscara é obrigatorio, tanto en interiores como en terrazas de bares, os aforos permitidos en cada lugar, que nas terrazas está prohibido fumar, etcétera, ademais de vacinar, vacinar e vacinar”.
Pérez Prada considera ademais que “pouca lóxica ten empezar a vacinar á xente nova a partir do 9 de agosto porque cando acaben de vacinarnos xa acabaría o verán; se non se pode vacinar por que non se segue cos cribados masivos en todas as localidades nas franxas de idade de máis risco no canto de que sexa a cidadanía quen teña que comprar as probas”.
Para rematar o presidente e o xerente de ACISA Ribadeo destacan que “estamos nun momento crítico porque os mozos son un factor de risco e estáselle estigmatizando constantemente de forma xenérica, pero non se lles dá a opción de vacinarse e así protexerse eles e á súa contorna. Estamos ao 16 de xullo, empeza o máximo da tempada alta de turismo en Ribadeo que adoita chegar ata o 16 de agosto, e por tanto non podemos cometer ningún erro que nos faga perder estas dúas quincenas vitais para a economía local. Por iso reiteramos a mensaxe de responsabilidade á cidadanía no cumprimento das normas, e especialmente a esa minoría de moz@s e os seus pais que cren que con eles non vai este problema. O virus non diferenza entre adultos ou novos nin entre veciños ou visitantes; todos debemos ser responsables dos nosos actos, tentar frear a alza dos contaxios e salvar a saúde e a economía local. Ata o de agora faciámolo ben, non fallemos no último minuto. Desde ACISA Ribadeo insistimos en que non é momento de eventos nin celebracións de ningún tipo; pódese gozar do verán na hostalería segura, no comercio, nas praias, etcétera, sen estragar todo agora por facer actividades ou actuacións simbólicas”.
























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



