O Valadouro, xoves 29 de xullo de 2021. Os grupos municipais do PSdeG-Psoe e o BNG no concello de O Valadouro venen de asinar un acordo de goberno para o período 2021-2023, ata o remate do presente mandato. Un acordo necesario para levar a cabo actuacións que dean resposta áxil e eficaz ás diferentes problemáticas da veciñanza e aos novos retos do concello de O Valadouro sobre todo nun momento complexo e condicionado pola pandemia do Covid19, tal como afirmaron o alcalde Edmundo Maseda e mais quen agora pasará a desempeñar o cargo de 1º Tenente Alcalde, Eduardo Chao.
O acordo básase principalmente en aspectos organizativos xa que as liñas programáticas de socialistas e nacionalistas para o concello neste mandato son semellantes e en moitos casos complementarias. No novo organigrama que contempla a participación do BNG no goberno municipal os edís nacionalistas formarán parte da Xunta de Goberno Local e desempeñarán as seguintes funcións: Eduardo Chao González, 1º Tenente alcalde e concelleiro de Cultura, Normalización Lingüística e Medio Rural e Eliseo Teijeiro Orol, concelleiro de Obras e Deportes e 3º Tenente alcalde. O resto de concellarías correspóndenlle ao PSdeG-Psoe.
A corporación do Valadouro está formada por 4 edís do PSdeG-Psoe (lista mais votada), 4 do PP, 2 do BNG e 1 de Udival e ata agora gobernaba o PSdeG-Psoe en mínoría.
“Este acordo de goberno terá como base o consenso e o diálogo entre as nosas formacións políticas para dar resposta ás demandas da veciñanza, pois o noso compromiso principal é coas veciñas e veciños do Valadouro” manifestaron Edmundo Maseda e Eduardo Chao.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



