A expansión obxectiva dos servizos públicos autonómicos e locais (esixencia do Estado do Benestar), canda a normativa estatal que restrinxiu ferreñamente dende a Grande Depresión de 2008 a capacidade das autonomías e concellos para quitar ofertas públicas de emprego xerou o fenómeno das interinidades delongadas. Persoas que de primeiras entran no emprego público (normalmente a medio dunha listaxe consonte criterios de mérito e capacidade) para cubrir unha vacante e continúan logo de varios anos prestando os seus servizos, fornecendo unha necesidade estrutural da Administración Pública na que serven e sen oportunidade para consolidar o seu emprego por mor da falla de convocatoria das precisas probas para esa fin.
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea declarou ilegais estas interinidades delongadas e obriga estabilizar o emprego público e máis a adoptar solucións concretas, declarando a fixeza do posto ou, de non se considerar viábel xurídicamente, recoñendo unha dupla indemnización a prol da persoa interina, tanto pola súa delongada permanencia nesta cualidade como pola eventual perda do seu posto de traballo cando se cubra a vacante.
Na Galicia sofren esta caste de interinidades moitas persoas nas Administracións autonómica e locais, nomeadamente no SERGAS, nas Consellarías de Educación e Política Social e en varias compañías e axencias públicas, como o Consorcio Galego da Igualdade e do Benestar. Este Consorcio contratou pouco máis de 300 persoas con carácter temporal a medio de probas selectivas no 2007, tendo en conta o carácter experimental desta fórmula de cooperación interadministrativa entre a Xunta e os concellos para dotar de medios persoais o cobizoso plan de atención ás crianzas de o a 3 anos e persoas maiores e necesitadas de inclusión do vicepresidente Anxo Quintana (BNG). A fins do 2008 convocouse a oferta pública de emprego que habería cubrir de xeito estábel estes postos, mais foi revogada cando chegou o PP á Xunta no 2009 e até de agora non volveu ser convocada, remanecendo mentres estes centos de persoas na súa delongada interinidade.
O Goberno do Estado non quere recoñecer a declaración como fixos daquelas persoas que non superen os procesos selectivos de estabilización previstos na reforma legal que promove, pretextando unha suposta inconstitucionalidade que non é tal. Porque xa no 1988 a lei galega da Función Pública do conselleiro nacionalista Pablo G. Mariñas declarou persoal laboral fixo a extinguir aos funcionarios interinos que non aprobasen os procesos de estabilización previstos na lei.
Velaí a solución para as interinidades delongadas.


















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



