Burela, 7 de xullo de 2021. Mañá serán izadas as bandeiras azuis nas praias do Portelo e da Marosa. Aínda que Ril tamén recibiu este distintivo non poderá lucilo debido á falla de socorristas. O alcalde, Alfredo Llano, dixo que Burela precisa 10 profesionais e ata o de agora só conta con 5, de aí que nun dos areais non poderá ser izada a devandita bandeira.
O rexedor declarou: “mañá, xoves, vamos izar as bandeiras azuis. Concedéronnos tres para as praias, que corresponden ás de A Marosa, Ril e Portelo, pero non podemos poñelas todas consecuentemente da dificultade enorme que temos para contratar socorristas porque non hai suficientes para todas as praias da Mariña. En Burela necesitaríamos dez e temos a metade exactamente. Polo tanto en principio vamos izar a bandeira azul na Marosa e no Portelo, mentres que na de Ril de momento non se vai poder facer, dado que non hai maneira de conseguir socorristas para ter nas tres praias”.
Para Alfredo Llano “é unha pena, pero isto fai pensar inmediatamente en que hai que ofrecer cursos de socorrismo para moita xente aquí, na Mariña, a través da Mancomunidade e dos propios concellos, para garantir que haxa xente titulada para o futuro. Se non vamos ter un grave problema para manter as bandeiras azuis e, sobre todo, os servizos de seguridade nas praias, que realmente é o que nos debe preocupar a todos”.
O alcalde bureles considera que “hai que pensar en facer máis cursos, pero tamén en contratar aos socorristas durante máis meses porque a Xunta de Galicia nos ofreceu a Burela 6 socorristas, cando normalmente viña ofrecendo 10, e antes eran para tres meses e agora para só dous meses. Isto é moi pouco motivador para que os rapaces e as rapazas intenten facer cursos deste tipo porque saben que teñen moi acoutado o tempo de traballo”.
Llano dixo que “aínda que non haxa socorristas suficientes si vai haber todos os servizos nas praias e vamos procurar ter todo ben ordenado da mellor maneira posible. Pero este ano creo que vai ser soamente en dúas praias onde vai haber bandeira azul e o servizo de seguridade a través dos socorristas”.
E engadiu: “mañá ás 13:30 horas izaremos a bandeira azul no Portelo e as 13:45 aproximadamente farémolo na Marosa”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



