Ribadeo, 19 de xullo de 2021. O alcalde, Fernando Suárez, ven de dirixirlle un escrito ao Servizo de Conservación da Natureza para que tome as medidas oportunas co obxectivo de evitar que os visitantes da praia das Catedrais realicen figuras co amoreamento de pedras nese areal. Este feito xa se produciu hai anos e volveu detectarse este verán.
No escrito o rexedor sinala que “esta pasada fin de semana tivemos constancia de que unha problemática que críamos desaparecida nas nosas praias se volvía a dar, concretamente no areal de As Catedrais. Volvemos detectar que visitantes deste espazo natural protexido, cuxo acceso está a ser controlado pola Xunta de Galicia nesta tempada estival, realizan figuras mediante o amoreamento de pedras existentes no lugar. Fai anos conseguírase poñer fin a estes comportamentos, pero, polo que parece, de novo é necesario tomar medidas ao respecto”.
E engade: “entendendo que estas circunstancias correspóndese en maior medida coas competencias do seu servizo, dende o Concello pedirémoslles aos socorristas que na medida do posible lle trasladen aos usuarios deste espazo a prohibición de seguir con esta práctica, non obstante, isto non forma parte do seu cometido, debendo estar máis pendentes doutros comportamentos máis relacionados coa seguridade das persoas, feito polo cal, solicítaselles que tomen dende o Servizo de Conservación da Natureza as medidas que consideren necesarias para corrixir esta problemática, a través dos seus axentes medio ambientais, carteis, información do persoal regulador do acceso á praia, etc”.












A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



