Mondoñedo, 3 de xullo de 2021. O Concello de Mondoñedo musealiza a obra e vida de Leiras Pulpeiro. Tal é así que hoxe o auditorio acolle unha exposición sobre esta figura literaria, composta dun espazo inicial instagrameable que recorda a un rincón dun salón burgués do cambio do século. Ao acto de inauguración asistiron distintos membros da familia do autor, ademais da súa neta e bisneta.
Tamén se pode ver ao poeta nas súas diferentes facetas, como doutor e home próximo ao seu tempo, achegándonos na primeira vitrina aos cambios que no momento da súa vida estaban a suceder no mundo como a electricidade e o teléfono. Outra opción que ofrece a exposición é observalo na súa condición de escritor tanto coa súa produción en vida, como en todo o efecto que causaría nos seus coetáneos logo do seu pasamento e durante as seguintes décadas ata a actualidade.
Este proxecto, que hoxe vei a luz, foi posible grazas á implicación do Grupo Leiras e varios investigadores. Trátase dunha iniciativa coa que se pretende por en valor a historia de Mondoñedo e dinamizar a cidade ao redor do gran patrimonio cultura que ten, neste caso inmaterial.
Neste senso, dende o Concello explican que isto foi posible “grazas á colaboración da Xunta de Galicia, a través de Política Lingüística, ao grupo Leiras, a dous historiadores”. Neste senso, dende a entidade local tamén queren agradecer o apoio da asociación Abrindo Camiño, “que sempre crea produto cultural, integrando o valor patrimonial”.
A casa de Leiras Pulpeiro foi adquirida recentemente e está sendo rehabilitada e, nas xornadas desta tarde, os propietarios manifestaron a vontade de chegar a acordos co Concello para que esta exposición poida ser ubicada nalgúns espazos do inmoble.
Novas propostas
Hoxe tamén arranca o Espazo Leiras –https://espazoleiras.gal/-, cuxo obxectivo é afondar na investigación sobre o poeta a través da tecnoloxía 8D. “Agradecemos a aposta de todos os participantes neste proxecto, que souberon ver o gran potencial que temos. Grazas ao seu proxecto, Mondoñedo é máis cultura e máis historia. A súa iniciativa aporta un valor engadido á cidade e iso pensamos que debemos de poñelo en valor”, conclúe o goberno local.























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



