Santiago de Compostela, 16 de xullo 2021.- A portavoz parlamentaria de Desenvolvemento Rural, Carme Aira, reprocha á Consellería do Medio Rural a súa satisfacción ante as propostas para o Plan Estratéxico da PAC realizadas polo Goberno central na última Conferencia Sectorial de Agricultura.
Aira asegura que “a satisfacción da consellería non se entende” porque a proposta do Ministerio de Agricultura parece destinada a manter a desigualdade social e territorial na distribución das axudas da PAC no Estado. “Manterase así a histórica discriminación que vén sufrindo Galiza, que recibe arredor do 3% das axudas directas da PAC cando en 2020 tiña case o 7% do emprego agrario”, explica a deputada nacionalista para a continuación recalcar que, no canto de utilizar as ferramentas que contempla a normativa comunitaria para corrixir a inxustiza na distribución das axudas, “o Ministerio pretende aprobar unha reforma destinada a manter o privilexio daqueles territorios e modelos de explotación historicamente favorecidos”.
Neste sentido, advirte de que a proposta do Ministerio de Agricultura limita o pagamento redistributivo (o pagamento para as primeiras hectáreas de cada explotación) ao mínimo que obriga a normativa comunitaria, apenas un 10% dos fondos para axudas directas e, ademais, propón “rexionalizar” estes fondos, o que, segundo recalca, “só beneficiaría a aqueles territorios que concentran as grandes explotacións, en prexuízo doutros como Galiza, caracterizados por pequenas e medianas explotacións”.
De igual xeito, Aira cualifica de “decepcionante” a aplicación que se pretende facer da redución progresiva das axudas por riba de certo nivel e do denominado “capping”, dado que está moi afastada das posibilidades que ofrece a normativa da UE para limitar o acaparamento de fondos por parte das grandes explotacións. Así mesmo, entende que a definición “moi laxa” do concepto de “agricultor activo” permitirá seguir cobrando axudas a persoas cuxa vinculación real coa actividade agraria é nula.
Tendo en conta que a porcentaxe de superficie agraria cuberta por axudas da PAC é moi inferior en Galiza ao resto do Estado, a deputada nacionalista conclúe que a proposta do ministerio na conferencia sectorial “abre a porta a incorporar novas superficies ao cobro da axuda básica a través da reserva estatal, mais non é compresible a satisfacción da consellería sobre este aspecto porque o Goberno central non considera para nada como criterio de priorización o feito de que a superficie cuberta con axudas sexa menor na actualidade”.
“Ao contrario -incide-, tamén abre a porta a incorporar novas superficies en comunidades historicamente privilexiadas”.
Neste contexto, Aira reclama á Xunta que abandone as declaracións autocompracentes e defenda nas negociacións o modelo de explotación familiar galega, xa que, segundo conclúe, o noso sector primario está integrado maioritariamente por pequenas e medianas explotacións que require dunha PAC que contemple esta realidade e que, polo tanto, sexa xusta e redistributiva territorialmente e non como propón o Goberno central, dun plan estratéxico que só favorece aos grandes propietarixs.



















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



