Santiago de Compostela, 8 de Xullo 2021. O BNG vai facer todo o posible para frear o actual boom eólico depredador a favor do lobby eléctrico, e mudar cara un modelo eólico deseñado a favor do País, no que os beneficios repercutan nas familias e nas empresas e non se queden nas mans das eléctricas. Nesa liña, a formación nacionalista anunciou hoxe dúas medidas concretas: a presentación dunha denuncia ante a Comisión Europea por vulneración de normativa comunitaria deste boom especulativo e a ampliación da rede natura do 12% actual até o 20% do territorio.
“O BNG non está disposto a permitir que se trate a Galiza como unha colonia subministradora de materias primas para que se forren ás multinacionais eléctricas, nin a permitir un boom depredador co medio rural, co medio ambiente e co territorio, un modelo que, ademais, incumpre a normativa da Unión Europea en materia de biodiversidade e de conservación de hábitats”, alegou a portavoz nacional, Ana Pontón, de aí a denuncia ante o Executivo da UE.
“O que queremos é un modelo eólico que poña os recursos naturais ao servizo das familias e das empresas”, recalcou, tras indicar que xa hai máis de 4.000 aeroxeradores en 106 concellos que levan décadas soportando o custe ambiental sen ver beneficios, pois perden poboación, emprego, servizos e calidade de vida. “Apenas un 5% do beneficio queda nos concellos e menos do 2% da riqueza recae nos propietarios das terras”, denunciou.
“Si rotundo ao desenvolvemento eólico, pero non así”, alegou Pontón. E nesa dirección, o BNG considera urxente ampliar a rede natura do “minúsculo” 12% actual até o 20%, “e excluír da zona de ampliación a posibilidade de instalar novos parques eólicos”, tendo en conta que o Goberno bipartito deixou definida unha ampliación que Feixóo mantén conxelada desde que chegou á Presidencia.
“Hai que cambiar este modelo de portas xiratorias PP-PSOE no que o lobby eléctrico manda máis cos gobernos”, alegou Pontón, tras indicar que están en tramitación 130 proxectos de parques eólicos para encher Galiza de aeroxeneradores de 200 metros de altura, mesmo ameazando explotacións agrogandeiras e núcleos de poboación. “Barra libre para ás eléctricas sen que os galegos e as galegas teñamos contrapartidas, ao contrario, cada vez pagamos máis pola factura da luz e miles de emprego están en xogo polos custes enerxéticos”.
O BNG aposta por un modelo con participación pública nos beneficios da riqueza eólica, no que os parques eólicos se vinculen a proxectos industriais que xeren emprego, e medidas como a tarifa eléctrica galega que abarate a factura da luz. “Para todo isto só fai falta vontade política”, concluíu.
Pola súa parte, a portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, explicou que o motivo da denuncia é dobre: “por un lado porque vulnera até seis normativas comunitarias en materia de participación cidadá, impacto ambiental, paisaxe, directiva da auga ou conservación de hábitats naturais. E, por outro, porque defendemos un modelo de desenvolvemento eólico a favor de Galiza”.
“Hai moitos parques en tramitación que teñen unha afectación directa sobre hábitats, flora e fauna, cun número moi elevado de proxectos que pretenden instalarse en zonas de especial protección, e tamén hai unha moi elevada afectación no relativo á normativa da auga e a zonas que deberían ter declaración de humidais protexidos”, alegou.
Miranda subliñou que a expansión eólica ten un amplo historial de “falta de planificación e regulación” que, a día de hoxe, foi substituído por unha normativa do Goberno do PP, “que permite expropiacións deixando indefensos aos propietarixs dos terreos, permite a fragmentación artificial dos proxectos para facilitar a súa tramitación e deixa fora aos concellos a través da figura da supra municipalidade deixando fora da toma de decisión a administración máis próxima á comunidade que deberá soportar o impacto”.
“Estamos ante un marco normativo que nós deixa vendidos”, sintetizou, ao que se suma a vulneración de directivas europeas, de aí a decisión de presentar a denuncia en Bruxelas.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



