Ribadeo, 15 de xullo de 2021. O Concello de Ribadeo, a través da Area de Desenvolvemento Local, poñerá en marcha no mes de agosto un novo obradoiro de emprego dirixido a persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Este proxecto levarase a cabo en colaboración co Concello de Barreiros, a través dunha subvención procedente da Consellería de Emprego e Igualdade. Os dous Concellos xa están desenvolvendo na actualidade un programa destas características, no que están contratadas 16 persoas.
O edil Pablo Vizoso contou que “este novo proxecto, denominado Territorio Vivo, pretende poñer en valor o patrimonio natural e histórico que ámbolos dous Concellos posuímos, establecendo actividades que busquen a súa protección e difusión e fomentando así a súa permanencia no tempo. Do mesmo xeito preténdese crear na cidadanía a sensibilización por protexer o legado histórico e natural que lles é máis próximo”.
O concelleiro de Desenvolvemento Local explicou que “as actuacións que se levarán a cabo no eido da educación e interpretación ambiental son, entre outras, a análise do territorio dende un punto de vista natural, a creación dun centro de interpretación virtual do patrimonio natural, a realización de visitas guiadas interpretadas aos espazos rurais e naturais, a realización de talleres de educación ambiental, a creación de varias xeorutas e a unión dos Concellos de Ribadeo e Barreiros a través dunha ruta”.
Vizoso Galdo indicou que “no ámbito de arquivos e dixitalización, o traballo centrarase principalmente na organización da documentación dos arquivos municipais, na creación dunha ferramenta de busca avanzada, a realización de exposicións coa documentación máis relevante, e a indización e elaboración dun tesauro dos libros de actas do Concello, consistente na tradución dos documentos escritos en castelán antigo”.
A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, dixo que “a duración deste obradoiro de emprego será de 12 meses, nos que estarán contratadas a tempo completo 16 persoas alumnas-traballadoras dos concellos de Ribadeo e Barreiros. A maiores xeraranse outros 2 postos de traballo de persoal docente. Ao longo destes 12 meses impartiranse as especialidades formativas de Interpretación e educación medioambiental e Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos. Trátase dunha programación formativa dirixida á obtención dun certificado de profesionalidade. Isto permitirá que ao rematar a súa participación no obradoiro de emprego, os alumnos e alumnas participantes estean en condicións de incorporarse ao mercado laboral para ocupar postos de traballo tales como monitor/a-guía de educación ambiental, informador/a ambiental, xestión documental ou dixitalización”.
E engadiu que “esta oferta formativa vai dirixida ás persoas mozas desempregadas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Os requisitos para poder participar neste obradoiro de emprego son, por tanto, ter ata 30 anos de idade, atoparse inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil, estar en situación de desemprego e solicitar a participación neste programa a través da Oficina de Emprego. No caso do certificado de profesionalidade de Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos non é preciso contar con ningún nivel mínimo de formación. En cambio para o certificado de Interpretación e educación medioambiental ao tratarse dun nivel 3, requírese unha formación mínima de Bacharelato, Ciclo Medio ou Superior ou equivalentes”.
As persoas interesadas nas ofertas de docentes poderán consultar as bases de selección no taboleiro de anuncios de ambos os dous Concellos. As solicitudes poderán facerse no Concello ou na Oficina de Emprego ata o 30 de xullo.
Ana Ermida e Pablo Vizoso amósanse satisfeitos polo inicio deste novo obradoiro: “xa que será unha nova evidencia da colaboración entre os dous Concellos veciños e irmáns e sobre todo polo que suporá para as e os participantes e polo importante traballo que van realizar”.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



