Ribadeo, 7 de xullo de 2021. O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, oferta as últimas prazas que hai dispoñibles para o curso de fabricación e mantemento de embarcacións de fibra. Nel formaranse futuros traballadores da División de Fibra de Astilleros Gondán, no municipio asturiano de Castropol, onde o alumnado fará as prácticas. O prazo de inscrición remata o día 16 deste mes polo que os interesados deben contactar canto antes co CIFP Porta da Auga de maneira presencial ou chamando ao teléfono 982.12.88.94.
Isidro Berdeal explica que “para o curso que ofertamos por primeira vez sobre fabricación e mantemento de embarcacións de fibra quédannos as últimas prazas. Froito do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e Astilleros Gondán, este curso formará a futuros traballadores de dita empresa para a súa división de embarcacións de fibra. Os interesados poden presentar as solicitudes ata o 16 de xullo e o período de formación será desde setembro de 2021 ata febreiro de 2022, cun total de 632 horas, nas que o alumnado obterá competencias en pintura, reparación e construción de elementos de plástico reforzado con fibra de vidro en embarcacións”.
Berdeal engade que “os requisitos para acceder a esta formación son os mesmos que para un ciclo medio: ter a ESO ou un curso equivalente ou as probas de acceso a ciclos medios ou cursar unha FP anteriormente”.
Para ultimar os preparativos desta acción formativa o director do CIFP Porta da Auga reuniuse nas instalacións de Astilleros Gondán, no peirao sur de Castropol (preto de Vegadeo), co director desta división, o enxeñeiro Antonio Pacheco, e co xefe de produción da mesma, Boris Cadet.




















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



