Lugo, 25 de agosto. A mostra “Xela Arias. A poesía do retrato”, organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, chegará este venres a Ribadeo. Os paneis con textos da poeta acompañados con fotografías de Xulio Gil instalaranse no parque de San Francisco, onde poderán visitarse ata o vindeiro 27 de setembro.
A mostra inaugurarase ás 13.30 horas, nun acto no que intervirán o fillo da autora sarriá, Darío Gil; a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro; e o concelleiro de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo de Ribadeo, Pablo Vizoso.
A presentación contará co acompañamento musical do grupo sarriao Malditos Roedores, que interpretará un repertorio de versións de cancións en galego.
Xela Arias. A poesía do retrato
A exposición para exteriores organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo “Xela Arias. A Poesía do retrato” recompila unha colección de textos poéticos da autora sarriá xunto aos retratos realizados polo fotógrafo Xulio Gil nos anos 80 e 90.
A mostra consta de 20 retratos en branco e negro que dialogan con cadanseu texto poético. A colección de imaxes permítenos mergullarnos no universo máis íntimo da autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas, a través de fotografías que a retratan posando con determinación e sen artificios ante o obxectivo de Xulio Gil, no seu período vital dos 26 aos 40 anos.
Trátase de fotografías tomadas para seren socializadas en revistas, libros ou noutros soportes, que formaban parte do arquivo do fotógrafo e que se mostran por primeira vez en formato expositivo. Na selección das imaxes e dos versos, traballaron conxuntamente o propio Xulio Gil e mailo escritor, editor e xornalista Xosé Enrique Acuña.
Ademais da escolma feita para a mostra, coordinaron os contidos dun libro catálogo coa mesmo título, Xela Arias. A poesía do retrato, editado por Engaiolarte, tamén coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Durante a presentación, agasallarase as persoas asistentes con exemplares da publicación.
Formato exterior e itinerante
A instalación das fotografías e dos poemas preséntanse impresas en panel metálico de aluminio de 3 mm. encadradas sobre 10 macromarcos de aceiro galvanizado sobre peana de formigón.
Con esta fórmula expositiva, exterior e itinerante, a Vicepresidencia da Deputación aposta por achegar a Xela Arias ao gran público da provincia de Lugo e extender a difusión da súa obra máis aló do Día das Letras Galegas.
A mostra estreouse en Sarria o pasado 1 de maio e, desde aquela, puido verse na Praza de San Marcos de Lugo, na Praza do Cantón Vello de Chantada, no Parque dos Condes de Monforte e nos Xardíns Poeta Noriega Varela de Viveiro.




















A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.



