A Mariña, 18 de agosto de 2021. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña convoca unha concentración diante do Centro de Saúde de Viveiro este xoves 19 de agosto ás 12 horas, en protesta polo desmantelamento da Atención Primaria. Esta concentración daría continuidade ás que se veñen convocando nas distintas localidades da comarca desde o mes de xuño e mesmo polas que se están a convocar en todo o país.
Viveiro conta cunha poboación censada de máis de quince mil habitantes, cifra que se ve aumentada nos meses de verán ata en tres ou catro veces. A decisión do Sergas de non dotar este verán aos centros de saúde de persoal sanitario para persoas desprazadas, provoca unha enorme sobrecarga de traballo nos cupos dunha plantilla esquilmada pola falta de substitucións e esgotada despois de máis dun ano de pandemia.
Plantillas mermadas pola falta de substitucións en todas as categorías e quendas de traballo.
Todas as categorías profesionais están diminuídas pola negativa do Sergas de substituir vacacións, baixas , permisos e de reforzar alí onde se precisa . Existe incremento de actividade, tanto polo aumento de demanda que xenera a pandemia , como pola multiplicación da poboación e pola non substitución do persoal , coa conseguinte sobrecarga de traballo dxs compañeirxs.
Este centro de saúde leva moito tempo acumulando problemas graves de coberturas de profesionais ausentes, problemas que se agravaron de tal xeito que neste verán houbo bastantes días nos que non había ningún/ha facultativa en quenda de tarde (dxs tres que están en carteira de servizos). A quenda de mañá , na que debería haber sete médicxs , tuvo tempadas nas que estaban con menos do 50% de facultativxs . Algo similar acontece co persoal de enfermería, categoría na que tampouco están ao cen por cen, ao non substituír a todo o persoal con ausencias e no caso do persoal administrativo non se dota de todos os reforzos que se precisan. Estas carencias tan profundas chegaron a afectar directamente á calidade asistencial, pois o feito de que algún/ha facultativa chegara a atender algún día entre 90 e 100 pacientes ,xa nos dá unha idea de como está a situación.
Máis, se aínda non chegara con atender os cupos do persoal ausente e ás persoas desprazadas por falta de dotación destes profesionais neste centro sanitario teñen que facerse cargo durante os meses de verán dos pacientes usuarixs de Hospitalización a Domicilio.
É por isto que desde este colectivo sanitario animamos aos veciños e veciñas a que acudan á concentración, pois só a mobilización e a presión social poden conseguir que o goberno da Xunta recúe nas súas pretensións de desmantelar á xa maltreita atención primaria, pois o “pilar básico da atención sanitaria queda nunha situación de caos, que coma sempre afectará negativamente a veciños e veciñas”- conclúe a coordinadora da Plataforma, Montse Porteiro.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.



