Paradela, 26 de agosto de 2021. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda concedeu axudas a 13 concellos lucenses para que redacten Plans de acción para o clima e a enerxía sustentable (Paces), unha ferramenta de carácter técnico que ten como obxectivo avanzar na loita contra o cambio climático e o quecemento global en clave local.
Así o subliñou a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, que visitou esta mañá o concello de Paradela xunto ao delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o alcalde, José Manuel Mato, para dar a coñecer o resultado na provincia da última convocatoria desta liña de subvencións.
Paradela é, precisamente, un dos municipios que resultaron beneficiarios este ano, de xeito que poderá contar cunha achega autonómica de 3.000 euros para traballar no seu Paces. O resto de subvencións concedidas en Lugo serán para Castroverde, Triacastela, O Valadouro, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Ourol, Sarria, Taboada, Vilalba, O Páramo e O Saviñao.
Sagrario Pérez e Javier Arias destacaron que as 13 axudas concedidas na provincia suporán un investimento de preto de 55.000 euros e subliñaron que se atenderon o 100% da solicitudes presentadas tanto en Lugo como no conxunto de Galicia.
Así mesmo, tamén lembraron que a día de hoxe xa hai outros 36 municipios lucenses traballando na elaboración destes plans grazas aos apoios recibidos por parte da Xunta en 2020, cando se convocaron por primeira vez estas axudas.
No conxunto de Galicia e ao abeiro da convocatoria deste ano, concedéronse subvencións a 70 concellos por un importe total de 337.000 euros. Estes municipios súmanse aos 176 que xa están a traballar actualmente na elaboración do seu propio plan de xeito que, a día de hoxe, pode dicirse que preto de 250 entidades locais galegas xa están comprometidas de forma activa na loita contra o cambio climático.
Un Plan de acción consiste na elaboración dun inventario de referencia de emisións de gases de efecto invernadoiro e na avaliación de riscos e vulnerabilidades ante o cambio climático; polo que coa axuda da Xunta os municipios poden a sufragar os traballos de asistencia técnica para a elaboración dos mesmos.
Deste xeito, dáse cumprimento a un dos compromisos de adhesión ao Pacto das alcaldías para o clima e a enerxía, integrando a loita fronte ao cambio climático como unha das variables que deben estar presentes na definición das políticas locais, tanto para reducir as emisións e mellorar a eficiencia enerxética, como para adaptarse ás consecuencias derivadas do quecemento global que está a sufrir o planeta.
A Xunta, oficina en Galicia
O Pacto das alcaldías polo clima e a enerxía foi impulsado no ano 2008 ata converterse no maior movemento de carácter internacional para buscar sinerxías entre distintas administracións fronte ao cambio climático, cunha mención especial ao labor dos concellos pola súa relación directa cos cidadáns. De feito, na actualidade conta xa co respaldo dunhas 10.000 entidades locais de todo o mundo.
Nese sentido, a Xunta asumiu en 2017 o papel de coordinadora do movemento en Galicia na Comunidade, coa convicción de que os retos globais do cambio climático deben afrontarse desde as vilas e as cidades de xeito unido e partindo da premisa “pensar global, actuar local”.
Na actualidade xa son 271 os concellos adheridos ao Pacto, o que representa a unha poboación de preto de 2,2 millóns de galegos, cifras que tanto a directora xeral como o delegado coincidiron en interpretar como unha mostra da boa acollida que está a ter este movemento en Galicia, sobre todo desde a creación da Oficina técnica de coordinación e asesoramento aos municipios no ano 2018.



















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



