O asasinato de Samuel Luiz na Coruña puxo no foco os delictos de odio e agravados polo odio, ao se amosar probábel que a homofobia fose determinante deste crime. É cedo de máis para determinarmos esta cuestión, porque o caso está aínda sob o segredo da investigación. Só os Tribunais penais competentes poderán enxergalo. Mais do mesmo xeito que cómpre pedirlle acougo á opinión pública antes de anticipar veredictos de odio, tamén compre lembrarlle a moitas persoas que refugaron da existencia desta caste de agravante (entre eles o Presidente Núñez Feijoo) que existen pegadas importantes que esixen investigar esta hipótese, no canto de desbotala sen máis.
Os delictos de odio (chamados speech crimes ou bias crimes, é dicir delictos de discurso discriminatorio) e os delictos cualificados polo odio (é dicir as lesións, asasinatos, violacións, danos dolosos ou outros crimes executados por razóns de odio discriminatorio a un colectivo minorizado ) defínense por escoller á vítima non por ser quen é como persoa, senón polo colectivo ou minoría a quen pertence, ou sexa por razóns de homofobia, transfobia, aporofobia, discafobia, racismo ou calquera outra circunstancia que emita a mensaxe de que, en realidade, o grupo social ou minoría á que pertence a vítima non é merecente de se integrar na sociedade ou, seica, a sociedade debería excluir ou discriminar tal grupo ou minoría, de xeito que non puidese partillar a vida social en réxime de igualdade cos demáis cidadáns e grupos sociais.
O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, máxima Corte xudicial no eido dos dereitos fundamentais para os 27 Estados da Unión Europea e outros 20 que partillan canda eles o Consello de Europa, considera que o discurso do odio non pode abeirarse na liberdade de expresión por abusar claramente dos límites da mesma. E constitúe abuso da liberdade de expresión por deitar a idea de que o grupo minorizado ao que pertence a vítima do delicto de odio é prescindíbel socialmente. Segundo esta caste de discurso, os negros, os homosexuais, os ciganos, os pobres ou as persoas discapacitadas non han integrar a nosa sociedade, polo menos iguais en dereitos e visibilidade. Velaí porque o sistema xurídico democrático europeo non é neutral e si belixerante contra esta caste de discurso.
Clarexar tamén que o delicto de odio contra policías, funcionarios e Autoridades non é posíbel, por ser colectivos neutrais por Lei, non minorizados e que desfrutan da protección penal propia de seren Autoridade, o que permite acusar polo grave delicto de atentado a quen lles agreda, desbotando o delicto de odio.


















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



