Lugo, 2 de agosto de 2021. “Confírmanse as nosas sospeitas. É un Plan de engorde e e inflado. É unha tomadura de pelo”. Así o indica o voceiro do Grupo Provincial do PP, Javier Castiñeira, logo de examinar o expediente de dito proxecto no servizo de Actas da Deputación, unha vez que o equipo de goberno autorizou a súa comprobación. A súa revisión foi solicitada polos populares ata en dúas ocasións, pois incluso a propia Valedora do Pobo referiu no informe remitido ante a queixa presentada polo Grupo do PP que a información do proxecto é enganosa.
Os populares dan así un paso máis no seu traballo de “fiscalización do goberno” que, neste caso, pon de relevo que dita iniciativa, dotada con 7 millóns de euros, “é tan só unha estratexia política”. E é que, segundo explica Castiñeira, “o groso das accións é o mesmo que o que xa se facía antes da crise, polo que non pode considerarse como un plan de reactivación económica”, destaca.
Suspenso á xestión: Inacción e mentiras
“Non hai axudas económicas. Nin tan sequera ese 1% que dicían que ían facer. Tampouco hai nada do que pedía o PP de 4 millóns para as empresas que o necesitan. Outras Deputacións si que o fixeron”. Por este motivo, o voceiro do Grupo Provincial outorga “un suspenso á xestión do equipo de goberno, e xa non só pola inactividade, senón polas súas mentiras e propagandas”, afirma.
O popular argumenta a súa valoración en que “o pouco que se está facer é o Saborea a túa provincia, pero é insuficiente para unha provincia que precisa moitísimo máis”. “Nada sabemos dos fondos Next Generation. Este goberno está sumido na inacción”, engade.
Por todo elo, Castiñeira avanza que os populares continuarán “fiscalizando ao equipo de goberno”, sobre todo, engade, “cando está acostumándose a mentirlle aos lucenses e isto non o imos consentir”, conclúe.




















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



