Ribadeo, 13 de agosto de 2021. O salón de plenos do Concello de Ribadeo acolleu a presentación do obradoiro de emprego Territorio Vivo no que participarán 16 mozas e mozos menores de 30 anos de Barreiros e de Ribadeo durante un ano. No mesmo vanse impartir dúas especialidades: Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos e Interpretación e educación ambiental. No acto desta mañá participaron os alcaldes de Barreiros e de Ribadeo, Ana Ermida e Fernando Suárez, e o concelleiro de Desenvolvemento Local ribadense, Pablo Vizoso, así como a coordinadora do obradoiro, Ana Vázquez.
O edil ribadense explicou que “os Concellos de Ribadeo e Barreiros unen de novo as súas forzas para impulsar un obradoiro de emprego para persoas mozas, denominado Territorio Vivo, que iniciará a súa actividade con 16 mozas e mozos de Ribadeo e Barreiros menores de 30 anos que se atopaban desempregados e dous monitores, que estarán contratados durante un ano”.
Pablo Vizoso dixo que “neste obradoiro, cofinanciado no 91% polo Fondo Social Europeo e pola iniciativa de emprego xuvenil e na porcentaxe restante pola Consellería de Emprego e Industria, impartiranse dúas especialidades: Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos e Interpretación e educación ambiental. Trátase dunha programación formativa integrada dirixida a obtención dun certificado de profesionalidade. Isto permitirá que o rematar a súa participación no obradoiro, os participantes estean en condicións de incorporarse ao mercado laboral”.
E subliñou que “o obxectivo principal que se quere conseguir é artellar un proxecto de xestión integral do patrimonio documental e natural que ámbolos dous concellos posúen, levando a cabo varias actuacións. O alumnado/traballador da especialidade de gravación de datos seguirá coa organización, clasificación e descrición da documentación dos arquivos municipais, elaborarán un tesauro da serie documental Libros de actas e asociado a este, crearán unha ferramenta de busca avanzada mediante descritores que permitirá realizar buscas por palabras clave dende a páxina web do arquivo, realizarán actividades de difusión do patrimonio documental: exposicións, visitas guiadas, etc, coa finalidade de concienciar á cidadanía e á sociedade en xeral sobre a importancia e o servizo que prestan os citados arquivos. E o alumando/traballador da especialidade de Interpretación e educación ambiental realizará visitas guiadas interpretadas a espazos naturais cun valor xeolóxico e medioambiental excepcional sitos en ámbolos dous concellos, encargaranse da programación e execución de talleres de educación ambiental para fomentar o uso racional dos recursos e o desenvolvemento sostible e implementarán estratexias innovadoras co uso das TICs coa creación dun centro de interpretación virtual do patrimonio natural”.
A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, sinalou: “eu simplemente o que quero trasladarvos é a satisfacción de que se poidan desenvolver proxectos deste tipo en concellos pequenos, porque somos concellos pequenos con recursos moi limitados, e esta é unha mostra de que traballando conxuntamente da man e con lealdade e cooperación institucional pode reverter en beneficio dos territorios e das persoas que os ocupan. Simplemente esperar que aproveitedes moito esta experiencia, non só a nivel laboral senón tamén a nivel vital, que serva como unha experiencia para coller fondo para seguir esta carreira que é a vida”.
E o rexedor de Ribadeo, Fernando Suárez, pediulles compromiso e lealdade: “o que vos queremos pedir, tanto de Barreiros como de Ribadeo, é que cumprades, atendades, veñades e aprendades. Seguramente haxa cousas que para o futuro, concretamente nalgúns aspectos deste obradoiro, quizais non poida ter unha aplicación directa na vida profesional, igual os que veñen á gravación de datos de interpretación de actas do século XVII igual non hai moitas actas por aí do século XVII que interpretar despois, pero os métodos, o equipo de traballo e todo iso vos vai valer dunha maneira absolutamente positiva para outras moitas accións da vosa vida longa que tedes por diante”.























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



