A Fonsagrada, 18 de agosto de 2021. A presidenta provincial do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, destacou a “importancia da conectividade para os territorios menos poboados como é o caso da provincia de Lugo”. Así o puxo de manifesto na Fonsagrada despois de manter unha reunión de traballo co grupo municipal popular e o seu voceiro, Jose Regueiro, na que tamén participou o deputado nacional Jaime De Olano, para analizar os recursos desta zona tan importante para a provincia de Lugo.
A máxima dirixente popular da provincia e tamén deputada autonómica quixo volver presentar na Fonsagrada unha proposta en positivo do Grupo Popular no Parlamento galego co obxectivo de mellorar a conectividade nas zonas menos poboadas. “Aquí, nun concello gobernado polo Partido Socialista a pesar de perder as eleccións, pedimos aos socialistas que reivindiquen e esixan para o seu territorio que nas subastas que o Ministerio está sacando, lles esixan aos operadores centrar o investimento nos territorios menos poboados como pode ser o caso da Fonsagrada, a Montaña lucense e a nosa provincia en xeral”, expuxo.
Candia considera que se trata dunha “oportunidade histórica para que a conectividade, a infraestrutura máis importante do século XXI, chegue a estes territorios”. É que o Goberno de España dispón de máis de 4.300 millóns de euros de fondos públicos para favorecer a conectividade e despregar a tecnoloxía 5G. Recentemente, dentro da Estratexia de impulso ao desenvolvemento da tecnoloxía 5G, subastou bloques de frecuencias da banda de 700MHz, pero “as obrigas establecidas polo Estado para os adxudicatarios son insuficientes para cubrir as necesidades dos territorios máis rurais e complexos como é o caso da nosa provincia”.
Igualdade de oportunidades
A popular insistiu na necesidade de que “o Goberno obrigue a través dos pregos de cláusulas aos operadores, que sabemos que por si non o fan, a reorientar os seus investimentos aos territorios menos poboados” e que “o Ministerio incentive o despregamento da tecnoloxía 5G para paliar e eliminar as desigualdades nos territorios menos poboados”.
Candia destacou na Fonsagrada que “o proxecto político do PP apoia e prioriza ao Camiño Primitivo e ao sector primario, que é moi importante no municipio”. Engadiu que as accións de traballo dos populares se dirixen a que “as xentes do municipio teñan as mesmas oportunidades que os habitantes das grandes cidades como demostra esta proposta en positivo dirixida a favorecer a conectividade deste territorio”.
Proposición Non de Lei
A Proposición Non de Lei presentada polo Grupo Popular no Parlamento de Galicia ten como obxectivo instar á Xunta de Galicia a que se dirixa ao Goberno de España para que, de acordo coa Administración Autonómica, concrete e priorice as medidas contempladas na Estratexia de Impulso da Tecnoloxía 5G que permitan incentivar o despregamento desta tecnoloxía nas poboacións de menor tamaño e no medio rural,así como en aquelas infraestruturas, polos industriais e de coñecemento estratéxicos da Comunidade Autónoma.




















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



