Burela, 4 de agosto de 2021. Os socialistas de Burela avanzaron hoxe que defenderán dúas mocións na vindeira sesión plenaria co fin de reclamar a Portos de Galicia, por unha banda, reverter a titularidade do enclave coñecido como Mirador da Limosa a dominio municipal. E noutra proposta reclamarán tamén a este organismo dependente da Xunta, a parcela número 7 da travesía do Porto, co fin de destinala a un espacio de ocio para a xuventude.
A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero, acompañada do Alcalde de Burela, Alfredo Llano e das concelleiras socialistas, Noelia Ben, Carmela López e Antonia Eijo presentaron hoxe esta iniciativa diante da parcela número 7 do Porto de Burela. Dende alí a Voceira de Pesca do Grupo Parlamentario Socialista reivindicou os acordos acadados na Cámara Autonómica nos que se recollía expresamente:“abrir un procedemento normativo que permita a negociación bilateral voluntaria dos concellos con Portos de Galicia para que as dúas administracións, acorden ofrecer a posibilidade de reverter a titularidade de terreos portuarios cara os concellos, …, cando teña posibilidade de utilización municipal”, lembrou.
Otero remarcou que “estas peticións do Concello de Burela son claramente dúas iniciativas que teñen como únicos beneficiarios á veciñanza de Burela, e sobre todo son espazos que serán adicados a mellorar o ocio da xuventude, así como unha senda para ampliar unha ruta de sendeirismo. Polo tanto tal e como se acordou no Parlamento de Galicia deben e poden reverter na veciñanza para mellorar as súas dotacións públicas”, dixo.
O Mirador da Limosa
Os socialistas de Burela sinalan na iniciativa rexistrada sobre o Mirador da Limosa, “que a vontade desta proposta é a de fomentar a conexión da rede de espazos con Bandeira Azul mediante sendeiros que contribúan a poñer en valor espazos naturais e de interese cultural e patrimonial próximo as praias ou portos deportivos con Bandeira Azul”.
Hai que lembrar que Burela conta cun sendeiro azul, a “Ruta do litoral burelés”, e o trazado da senda achegase ata o “Mirador da Limosa”, pero debe regresar sobre os seus pasos por non contar con continuidade no trazado. Este entorno é un es pazo singular xa que nel atopáronse restos do Hipocausto Romano do Campón con vestixios dunha terma romana. A zona xeolóxica de Castrelo – Perdouro é un dos espazos máis interesantes e esta catalogado como LIC (lugar de interese comunitario). “Por iso reclamamos a Portos de Galicia poder utilizar este espazo co fin permitir o acceso dende ao Porto, propoñendo a instalación de escaleiras de madeira adaptadas a orografía do espazo”.
Cesión da parcela número 7 do Porto de Burela
Sobre a iniciativa da cesión da parcela numero 7 do Porto de Burela explican que “o concello de Burela dispón de varios parques e espacios ao aire libre, pero ningún deles está expresamente destinado ao ocio da xuventude, quedando sempre relegados a unha pequena zona pouco funcional e que non satisfai as súas necesidades. Polo tanto, demandamos a Portos de Galicia reverter a parcela número 7 da travesía do Porto a dominio municipal, xa que o seu uso é residual dende hai moitos anos e para o noso concello e a súa veciñanza suporía unha mellora na calidade de vida diaria”, relatan.





















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



