Santiago de Compostela, 30 de agosto, 2021. Ante o inicio do curso escolar, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, afirmou que “urxe reforzar o sistema educativo” e advertiu que os recortes no ensino público, responden a unha “decisión ideolóxica do Goberno do PP da Xunta”. Decisión, que Pontón cualificou de “ acto de cinismo de Feixóo por responsabilizar dos seus recortes en educación ao financiamento do estado”. “O mesmo Feixóo -explicou a líder do BNG- que o ano pasado anunciaba na Conferencia de presidentes gastar os cartos de educación noutros ámbitos, agora emprega a escusa do financiamento para seguir coa súa política de recortes”.
“O próximo curso escolar -advertiu- seguirá marcado pola pandemia e será “un curso de transición” como afirma a propia Conferencia Sectorial de Educación”. Neste sentido, avanzou que o BNG solicitará no Parlamento que a Xunta contrate a “mil profesores e profesoras máis que no curso pasado” e que se poña en marcha unha estratexia para que ao final desta lexislatura “se reduzan as ratios con 20 alumnos e alumnas en primaria e 25 en secundaria.
O PP non aprendeu nada da pandemia
Pontón puxo de manifesto que a situación é diferente á de hai un ano porque os nenos e nenas comezarán as clases sen estar vacinados, a evolución da pandemia é incerta e os gobernos deben garantir a escolarización do alumnado. Por outro lado, a pandemia afectou á evolución educativa do alumnado que obriga a un reforzo no ensino público para reducir estes efectos negativos. A pesar desta nova situación, dixo, “a Xunta do PP insiste en recortar no ensino público e tapar esta irresponsabilidade con mentiras e propaganda”.
A realidade, abondou Pontón, é que o PP pretende recortar máis de 1.600 profesores e profesoras no ensino público como confirma o DOG e a propia Xunta de Galiza. En Secundaria, a falta da publicación definitiva do CADP -Concurso de adxudicación de destinos provisionais-, sabemos que a inspección e as xefaturas territoriais xa comunicaron aos centros a perda dun total de 435 profesores a respecto do curso 20/21.
En Infantil, primaria e educación especial, engadiu, no DOG do 6 de agosto faise efectiva a eliminación de 109 unidades, cun recorte de máis de 150 mestras e mestres.
“Fronte a 2.300 docentes de reforzo contratados o curso pasado, este ano haberá só 1.250, é dicir 1.050 profesoras e profesores menos a pesar de continuar no medio dunha pandemia”, indicou.
Para a nacionalista, a situación require unha explicación de Feixóo porque mentres en Baleares, Valencia, Cantabria, Cataluña, Euskadi, Navarra, ou a Rioxa, manterán ou incrementarán o profesorado, en Galiza “o PP anuncia unha avalancha de recortes en todos os niveis educativos”.
A portavoz do BNG lembrou que, desde o ano 2009 pecharon 138 centros públicos, “1 de cada 10”. Foi incrementado o financiamento do ensino privado ao tempo que o recorte do profesorado na educación pública situábase nun 4,4% fronte o incremento do 5% na educación privada e concertada.
A nacionalista apelou a non repetir os erros do ano pasado que obrigou a adiar o inicio do curso en secundaria e ao espectáculo da semipresencialidade. “Non aprenderon nada da pandemia, nin das recomendacións dos expertos, ANPAs, profesorado, nin das recomendacións da Comisión de reactivación. A súa folla de ruta é o recorte no ensino público para favorecer á privada e execútana de xeito implacábel”.
Desde o BNG, “imos plantarlle cara a estes recortes, porque a educación é o mellor investimento que podemos facer como sociedade e non podemos permitir que o PP continúe hipotecando o noso o futuro”, concluíu.


















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



