Ribadeo, 15 de setembro de 2021. A Concellaría de Deportes anunciou a apertura do prazo de matrícula nas escolas deportivas de inverno. Vanse impartir once modalidades. As persoas interesadas poden inscribirse ata o día 30 de setembro.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, declarou que “outro ano máis vimos de abrir o prazo de matrícula das escolas deportivas desde hoxe, 15 de setembro, ata o día 30 deste mes. Comezarán as escolas nese período, como moi tarde a última que empezará será o 15 de outubro, e rematarán entre o 15 de maio e o 15 de xuño”.
O edil explicou que “son once modalidades deportivas: atletismo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hóckey liña, natación, pádel, patinaxe, ximnasia rítmica, rugby e tenis de mesa”.
Jorge Díaz engadiu que “dada a situación que levamos arrastrando, que non fai falta xa mencionala máis pero que estamos a sufrir, queremos animar a todos os nenos e nenas, a todas as familias a apuntarse en calquera destas especialidades. Calquera delas vai ter os protocolos covid aos que estamos obrigados e, outro ano máis, esperemos que sexan de boa aceptación e que os nenos e as nenas desfruten, sobre todo do deporte”.






















Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.

