Viveiro, 8 de setembro, 2021. O BNG de Viveiro levou para o seu debate en pleno a demanda histórica da construción dun SkatePark en Viveiro. A moción defendida pola concelleira Míriam Bermúdez, propoñía contar cunha empresa especializada para a construción do mesmo e ao ser posíbel, considerar para a súa ubicación algunha das zonas máis demandadas pola veciñanza, como son a zona de Lodeiro e a zona verde fronte á piscina municipal.
A alcaldesa, quen ocultou en todo momento a recollida de 1200 sinaturas realizada en 2017, recoñeceu no pleno que si lle foran entregadas e xustificou a súa falta de implicación dicindo que “non se construiu o skatepark porque os comezos son complicados”. María Loureiro leva desde 2011 na alcaldía, primeiro como tenenta de alcalde e desde 2013 como alcaldesa, polo que no BNG non sabemos canto tempo máis é necesario para que colla rodaxe despois de 10 anos no goberno municipal.
Molesta coa proposta, María Loureiro tamén culpou ao BNG de non estar do lado do goberno á hora de aprobar os orzamentos. “María Loureiro e Bernardo Fraga, o cogoberno de Viveiro, apareceu dun día para outro en prensa anunciando a aprobación dos orzamentos municipais. Mais parece ser que a culpa da falta presupostaria é da concelleira do BNG” ironizou Míriam Bermúdez. A concelleira nacionalista aproveitou para denunciar este “conveniente acordo pechado chamado orzamentos municipais”, como xa fixo no seu día: “leváronse a pleno uns orzamentos pechados de PSOE con POR VIVEIRO, sen convocar en ningún momento ao BNG para a redacción ou modificación dos mesmos. O BNG tan só puido expresar a súa valoración no mesmo pleno ao que se levaron para a súa aprobación, onde tampouco foron escoitadas estas demandas e modificacións dos mesmos.” Míriam Bermúdez rematou afirmando que “Viveiro é o primeiro concello do mundo onde as cousas non se fan por unha concelleira da oposición, e non polo goberno.”
A moción saiu aprobada por unanimidade tras María Loureiro verse presionada, quen declarou que se fará a construcción cando o goberno o decida e non cando o BNG o diga, como se esta infraestrutura non fose xa con retraso cando varios concellos da Mariña levan anos desfruntando delas. Míriam Bermúdez, consciente da falta de palabra e compromiso da alcaldía, envia unha mensaxe de esperanza dicindo que non se de ningunha batalla por perdida, “no BNG estaremos espectantes e insistiremos as veces que faga falla até que se cumplan os acordos plenarios”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



