Viveiro, 17 de setembro de 2021. Tras a súa presentación este luns na Coruña, a aula móbil formativa de “Enredando tour R” recalou hoxe en Cedeira e chegará o luns 20 a Viveiro para desprazarse o martes 21 e o mércores 22 a Sarria e Monforte respectivamente. É o momento das localidades lucenses, onde se instalará a aula formativa do tour para desenvolver esta actividade que procura a ‘inclusión dixital’ das persoas maiores.
Que a fenda non deixe ninguén atrás
A intención primeira desta acción é minorar o efecto da fenda dixital que tanto lles afecta a unha gran porcentaxe das/dos maiores e a outros colectivos vulnerables. Falamos de persoas que, por exemplo, durante o confinamento e nos momentos máis duros da pandemia, non puideron botar man das novas tecnoloxías para completar xestións esenciais como pedir unha cita médica, facer a compra ou realizar unha operación bancaria sen saír da casa.
R e Cruz Vermella teñen claro que o máis importante é que as persoas maiores lles perdan o medo ás novas tecnoloxías e desenvolvan habelencias básicas que lles permitan avanzar e aprender a navegar por internet, ter unha conta de correo ou enviar unha mensaxe. E, sobre todo, que non se sintan sós/soas e vexan que persoal especializado e persoas voluntarias de Cruz Vermella lles darán o apoio dixital que precisen in situ, no espazo das formacións, e que poden recibir asesoramento a través da páxina enredando.gal, creada especificamente para completar esta acción didáctica dedicada a elas e eles.
Menús formativos (para todos os gustos)
O programa desenvólvese nunha aula móbil con contidos formativos vinculados ás novas tecnoloxías. Unha furgoneta superequipada transporta os smartphones, portátiles, tabletas, altofalantes intelixentes… e todo tipo de accesorios para facilitar ese achegamento á realidade da tecnoloxía máis doméstica e presente en multitude de áreas da nosa vida cotiá.
As persoas que participen poderán fedellar mentres ‘degustan’ un dos catro “menús formativos” que Cruz Vermella e R lles teñen preparado para que elixan o que máis se adapte ás súas necesidades.
En función deses menús, en horario de 10:00 h a 14:00 h, impartiranse nas zonas escollidas de cada localidade 8 talleres (2 por menú) de 45 minutos cada un. Ao ser en espazo exterior instalaranse unhas carpas para o desenvolvemento da actividade e cumpriranse escrupulosamente as esixencias sanitarias e medidas anti COVID-19 para garantir a seguridade de todo o mundo e en todo momento.
Estas son as localizacións exactas das tres localidades da provincia de Lugo ás que chega o tour a semana que vén:
_Viveiro: Xardíns Noriega Varela. Luns, 20 de setembro.
_Sarria: Sociedade Recreativa La Unión, (rúa Matías López, 19). Martes, 21 de setembro.
_Monforte: Rúa Cardeal. Mércores, 22 de setembro.
E esta é a carta de ”Enredando tour R”, cos seus 4 menús:
_“Vivo no mundo analóxico, rapaza”; menú básico para comezar a “enredar”
_”E ti… de quen vés sendo?”: para saber que é e como funciona o WhatsApp.
_”Dixitalízate, ho”: para aprender como se pode acceder ao SERGAS, ao banco, facer a compra e, en xeral, como xestionar o máis cotián por internet.
_”Menú R: móbilR”: para coñecer a factura electrónica e outras utilidades e aplicacións prácticas en internet
Dende A Coruña ata A Guarda
Tras o seu paso pola Coruña, Cedeira e, a semana próxima, Viveiro, Sarria e Monforte, a aula móbil percorrerá seguidamente ata o 6 de outubro outras localidades galegas: O Carballiño, Verín e O Barco de Valdeorras, en Ourense; e Lalín, Ponteareas e A Guarda, en Pontevedra.
Para participar nas actividades de “Enredando tour R” as persoas interesadas poden chamar ao teléfono gratuíto 900 825 030 ou escribir un correo electrónico a galicia@cruzroja.es.
Sobre “Enredando”, de Cruz Vermella Galicia
“Enredando tour R” enmárcase dentro do proxecto “Enredando” de Cruz Vermella, cuxo obxectivo xeral é reducir a fenda dixital entre a poboación que atende a Organización na nosa comunidade autónoma. Trátase dun proxecto de capacitación dixital que xorde para evitar procesos de exclusión social por motivos económicos, de xénero, de idade, nivel educativo ou zona de residencia, entre outros.
“Enredando Tour R” é a primeira das grandes accións deste proxecto que se pon en marcha e que aposta por apoiar as persoas maiores e sensibilizalas no uso das tecnoloxías, así como axudalas a derrubar os temores e inseguridades que poidan ter ao respecto.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



