Ribadeo, 21 de setembro de 2021. O alcalde, Fernando Suárez, cualifica de intolerable a pretensión da Consellería de Educación de eliminar a educación secundaria para adultos que se imparte no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Foi o Consello Escolar do centro o que lle comunicou a nova. O rexedor asegurou que o Concello ribadense loitará para que esta medida non se leve a cabo.
Suárez Barcia contou que “desde o Concello acabamos de ter coñecemento, a través do Consello Escolar do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, da pretensión de eliminar as ensinanzas de educación secundaria para adultos por parte da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. E desde logo consideramos intolerable perder un servizo educativo que ata este momento se ofertaba no noso concello”.
O alcalde considera “un erro enorme eliminar estas ensinanzas xa que constitúen un dereito educativo básico, probablemente o único camiño de mellora que lle queda a moitas persoas do noso concello e dos arredores, que non teñen a titulación mínima esixida para calquera posto de traballo, no senso de que ademais suprimir estes estudos no noso concello supón de facto a imposibilidade de acadar esta titulación para toda esta xente”.
Fernando Suárez sinalou que “Ribadeo debe ter unha oferta educativa variada e completa de acordo ao que supón poboacional e territorialmente o noso concello, e desde logo que quede claro que desde o Concello de Ribadeo habemos loitar para que non se faga efectiva esta vulneración dos dereitos educativos dos nosos veciños e veciñas”.





















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



