Ribadeo, 17 de setembro de 2021. O alcalde, Fernando Suárez, ven de dirixirlle un escrito ao director da Sociedade de Xestión do Xacobeo para denunciar o estado lamentable no que se atopa o albergue público de peregrinos que coxestionan o Concello e a Xunta. O rexedor asegurou que nos últimos quince anos a administración galega non realizou investimento algún para renovar esta instalación. Suárez Barcia quere saber cales son os plans do Xacobeo para este albergue e subliñou que mentres non se amañe non poderá ser renovado o convenio de colaboración entre as dúas partes.
O alcalde ribadense declarou que “este novo escrito enviado á dirección do Xacobeo ven na liña destes últimos que lles fomos enviando nos últimos meses, antes do verán e dende hai anos tamén, no senso de indicarlles que a situación lamentable do estado, case estrutural, deste pequeno albergue público de peregrinos que coxestionamos, en teoría, as dúas administracións, tanto o Concello como a Xunta. O Concello é o encargado das cuestións de orde menor e as estruturais son da Xunta. Pero o certo é que nos últimos quince anos a Xunta de Galicia, a través do Xacobeo, non investiu cantidade algunha no amaño e no remozado deste inmoble, que aínda que sendo pequeno non deixa de ser o primeiro establecemento público de recepción que se atopan os peregrinos na súa entrada a Galiza cando chegan polo Camiño Norte”.
Fernando Suárez lembrou que “un anterior director do Xacobeo, hai un ano, chegou a recoñecerme que a Xunta non tivera actuado correctamente en todo este tempo e comprometeuse a efectuar as melloras estruturais necesarias para que estivera para o Xacobeo 21. O certo é que ese director xeral xa non está e que o verán do ano Xacobeo 2021 está a piques de marchar, e nada se fixo”.
O rexedor engadiu que “descoñecemos si xa se pediron as correspondentes autorizacións preceptivas, tanto a Patrimonio, a Medio Ambiente, a Costas, etc… para garantir a legalidade da actuación que se faga. A día de hoxe só puidemos saber de xeito oficioso e polos medios de comunicación que estes voceiros políticos populares locais se amilagraban hai meses e anunciaban cuantiosas inversións nesta pequena instalación e a día de hoxe non hai nada. A única achega, a pírrica achega que o goberno galego ten con Ribadeo neste ano santo só foron unhas bandeiriñas que se nos colocaron nunha concorrida rúa da vila. E e a verdade é que son mingurrias, como quen di, para o concello que é a porta norte do país para estes milleiros de peregrinos que se achegan a Santiago”.
Suárez Barcia manifestou que “agardamos saber os plans da Xunta porque, mentres isto estea así, non imos poder renovar o convenio de colaboración entre as dúas partes a menos que desde a Xunta e que desde o Xacobeo consideren xestionalo eles completa e directamente, algo que, tamén hai que dicilo, pola nosa banda non veríamos con malos ollos a xulgar pola escasa eficacia que demostraron en todos estes anos”.
























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



