Burela, 28 de setembro de 2021. No de Concello de Burela terá lugar un pleno ordinario este xoves, 30 de setembro, ás 20:00 horas. Na sesión, que será presencial pero tamén poderá seguirse vía streeming, someterase a aprobación definitiva a conta xeral de 2020, tras concluír o período de alegacións. O alcalde, Alfredo Llano, dixo que non foi presentada ningunha e subliñou a fluidez económica do Concello burelés. Tamén irá a pleno unha moción de apoio aos traballadores de Vestas, en Viveiro, tal e como acordaron os alcaldes no encontro que mantiveron o pasado venres.
Alfredo Llano anunciou que “a este pleno vai ir a aprobación definitiva da conta xeral, que xa foi informada e debatida na mesa xeral de economía no Concello. Houbo un prazo de alegacións e non se presentou ningunha, polo tanto estamos en condicións de aprobala definitivamente neste pleno”.
O alcalde burelés destacou que “a conta xeral do Concello de Burela concreta unha serie de especificacións durante o ano 2020 con respecto á economía deste Concello. Aí figura todo o que fixo tanto en pagos como en cobros e na recepción de axudas. Hai que destacar a fluidez económica e vese claramente o remanente de tesourería que temos. Así que espero que non haxa ningún problema para aprobar este punto como outro que levamos relativo a temas laborais internos do Concello”.
O rexedor contou que “imos levar unha moción conxunta, que espero que os tres grupos aprobemos sen ningunha dificultade, sobre Vestas, a factoría de Viveiro que queren pechar a 31 de decembro deixando sen traballo a unhas 115 persoas. Xa tivemos o outro día unha reunión de todos os alcaldes, xunto co comité de empresa, en Viveiro, e acordamos presentar por unanimidade esta iniciativa en todos os concellos, cando teñamos un pleno, para lembrar que non estamos para nada de acordo con que se peche esta factoría, e ademais que se atendan, tanto desde a Xunta de Galicia como desde o goberno de España, as reclamacións que se poidan facer a partir de agora para que siga aí. Penso que é unha obriga para os traballadores e para toda a comarca da Mariña”.
Alfredo Llano dixo que “onte houbo unha reunión entre a Xunta e os traballadores onde se constitúe unha comisión que vai estudar oportunidades para que non se vaia esta factoría. Penso que nesta comisión deben estar representados todos os alcaldes, ou polo menos cando se traten temas que correspondan aos plans de industrialización para a comarca para poder presentar aquilo nos parece moito mellor para cada un dos concellos e sobre todo para A Mariña. Creo que polo menos o Concello de Viveiro ten que estar e o resto penso que tamén debemos estar dalgunha maneira nesa comisión, porque aínda que está a Xunta e queren integrar a representantes do goberno, debéramos estar os alcaldes como persoas que temos que estar mirando polos intereses da nosa comarca. Así que eu fago esa reclamación porque me parece importante que os concellos estean representados”.





















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



