Madrid, 14 de setembro de 2021. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou distintas iniciativas despois da súa visita a Foz, acompañado por representantes da Asociación de Veciños “Os Castros” de Cangas de Foz, para que o Goberno do Estado mellore a seguranza viaria da N-642 nas interseccións coas estradas LU-152 e LU-162. Rego recolle así a demanda da veciñanza e do BNG de Foz de acometer a construción dunha rotonda ou glorieta que facilite a fluidez do tráfico e reduza o risco de accidentes na altura da parroquia de Cangas. Permitiría ademais facilitar o acceso até a zona de dotacións e servizos que se atopan no outro lado da vía.
Rego mantivo unha xuntanza coa veciñanza de Cangas de Foz, representada na Asociación de Veciños “Os Castros”, para coñecer a situación de perigo na seguranza viaria. “Son varios os puntos da N-642 que xeran problemas e perigos para o tráfico rodado e para o tránsito de persoas a pé e a Administración do Estado debe acometer os estudos e trámites precisos para solucionalos” subliña Néstor Rego. Destaca dous dos puntos máis conflitivos como son as interseccións da estrada coas carreteiras con titularidade da Xunta de Galiza, a LU-152 e a LU-162.
Esta última, divide a parroquia de Cangas de Foz en dúas partes: “a zona de servizos está separada dos núcleos de poboación máis importantes e máis numerosos da parroquia”. A única posibilidade de acceso da veciñanza de núcleos como os de Vilachá ou Vilasindre a esa zona dos Castros é mediante o cruce da estrada que une Cangas de Foz e Ferreira de Valadouro. “Este punto é particularmente sensíbel e perigoso para o tráfico e para o paso de persoas a pé, xa que se trata dun lugar con problemas de visibilidade e cun gran volume de tráfico” explica o deputado nacionalista.
Así mesmo, sinala como “urxente” que se acometa esta actuación na estrada e “a construción dunha rotonda que permita un acceso máis fluído do tráfico e prever pasos seguros para os peóns que queren acceder ao campo de fútbol, centro cívico, praia dos Castros…”.
Por outra banda, o acceso a Foz pola N-642 dos vehículos procedentes de Barreiros na intersección coa estrada competencia da Xunta de Galiza, a LU-152, que comunica O Valadouro e Alfoz, presenta problemas no tráfico rodado e precisa “dunha atención inmediata por parte das administracións”. Neste cruzamento prodúcense numerosas retencións o que provoca perigo de colisión por alcance dos vehículos que deben parar no medio da vía.
“Para solucionar este problema é necesaria a construción dunha rotonda ou glorieta que facilite a fluidez do tráfico e reduza o risco de accidentes. Debe terse en conta que esta actuación é imprescindíbel dado que a LU-152 será, no futuro, a estrada de acceso e saída da futura A-74 desde o enlace do Carme” conclúe o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



