Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2021. A parlamentaria socialista Patricia Otero urxiulle hoxe á Xunta que convoque de inmediato a Mesa Industrial comprometida cos traballadores de Vestas afectados polo peche da factoría para buscarlles alternativas laborais. Otero presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que lle reclamou ao conselleiro de Industria que “deixe de buscar inimigos e de botar balóns fora” e asuma as súas competencias.
Otero advertiu que “é fundamental ir coordinados, ir da man” coa colaboración do goberno central, pero avogou por focalizar nas competencias exclusivas da Xunta de Galicia”. Lembrou que o goberno galego ten competencia exclusiva en materia industrial, o ERE da empresa foi presentado en Galicia e sobre unha factoría localizada nesta comunidade autónoma.
Apuntou que “a Xunta non foi quen de paralizar o ERE, o que lle pedían ao goberno central no caso de Alcoa”, e engadiu que “é o momento de que lle poñan deberes á empresa para facerlle máis complicado” levar adiante este expediente.
A parlamentaria socialista lembrou que o ERE foi presentado ao mesmo tempo que a multinacional anunciaba o peche antes do remate de 2021, demostrando “mala fe cos seus traballadores”, que demostraron ao iniciar o período de consultas do ERE, cando evidenciaron que “só querían poñer o reloxo en marcha”. Esta decisión unilateral da empresa deixa a 115 persoas na rúa e asestando un “mazazo á economía da comarca da Mariña”.
Patricia Otero mantivo hoxe un encontro cos representantes do Comité de Empresa, que viaxaron ata o Parlamento para seguir o debate, e aos que lles trasladou o compromiso do Grupo Socialista e do equipo de goberno de Viveiro e da súa alcaldesa, María Loureiro.






















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



