Lugo, 29 de setembro de 2021. A medida que avanza o mandato, queda máis claro cal é o verdadeiro talante do presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé, que, no exercicio do cargo e na súa maneira de entender a política, entronca historicamente cos persoeiros do seu partido menos afeccionados ás prácticas democráticas. As súa actitude na relación co grupo máis numeroso da corporación provincial, o PP, fai pensar ao seu portavoz, Javier Castiñeira, que “os continuos abusos de Tomé indican que imos polo bo camiño, porque xa non lle basta con vetarnos a entrada en edificios oficiais, senón que agora intensifica a presión nos órganos da institución”. Indica así que “a actitude do presidente no pleno de onte é outro exemplo do atropelo democrático que está a vivir o grupo provincial popular a pesares de ser o máis representativo da provincia; son unha nova volta de rosca nas presións do señor Tomé cara unha oposición que o único que tenta é facer uso da súa representación democrática dentro desta institución”.
Castiñeira alude ao control dos tempos das intervencións ao longo da sesión plenaria. “O cronómetro de Tomé párase segundo lle interesa. Mentres que para a oposición se aplica un rigorosísimo tempo de intervención, para os seus compañeiros de bancada o tempo engadido non é un problema; se non o satisfai moito o que argumentan os seus voceiros, o propio Tomé se toma o tempo que desexa para corrixilos”.
O portavoz popular sinala: “Onte o propio Tomé, por falta de recursos políticos, converteu o pleno nun auténtico monólogo do goberno, de maneira que por unha intervención do partido popular houbo tres intervencións do bipartito, as dúas dos voceiros máis a corrección sen límite de tempo do señor Tomé. Polo contrario, na quenda de preguntas da oposición as largas intervencións do bipartito convértense en silencios para o próximo pleno ou en respostas absurdas que nada aclaran”.
E que dicir, apunta Castiñeira, da actitude do presidente por ter perdido o asunto da residencia de Sarria; nun alarde de “humildade democrática” deixou caer que tanto lle ten o que decida o pleno, porque el fará o que crea preciso.
Castiñeira di: “En definitiva, a calidade democrática na Deputación de Lugo vai a menos por dous factores importantes: primeiro, polo narcisismo enfermizo do señor presidente, e, segundo, porque o bo traballo da oposición non se contrarresta cun bo traballo do goberno senón con uso do poder e tratando de someter ao que opina diferente. O señor Tomé é o claro exemplo deses iluminados que pensan que teñen máis luz se apagan a do lado”
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



