Hai poucas semanas o Sr. Alcalde de Ribadeo anuciaba que xa estaban moi avanzados os trámites e o proxecto para a restauración da Torre e que próximamente sería unha realidade. Sin embargo as suas declaracións seguen rodeadas dun tépedo oscurantismo e deixan moitas dúbidas no aire. Véxamos algunas delas:
Non se coñece o suposto proxecto de restauración o que contrasta ca publicidade que se da en outras ocasións. Non se sabe nada de cando vai comezar, nen hai unha data aproximada, polo menos, de cando se pensa rematar. Non se sabe nada de cales son as actuacións previstas, a qué elementos do edificio vai afectar; se se trata de un proxecto de restauración integral e polo tanto definitiva ou estamos diante de unha actuación parcial de limpeza de fachadas e unha man de pintura. Tampouco hai nengunha información sobre os investimentos previstos, que darían unha orientación aproximada da entidade da intervención. En fin non se sabe nada de nada.
Pola outra banda compre lembrar que o convenio suscrito polo Concello de Ribadeo e mais a empresa Paisajes de Asturias en setembro de 2019 segue sendo un documento secreto a dia de hoxe. Por aquelas datas o colectivo “En Marea” de Ribadeo dirixiu varios escritos (o último de eles o 4 de novembro do mesmo ano) solicitando copia do devandito convenio pero a gracia non foi concedida. No mesmo escrito solicitábase información sobre o tasación final do 21 % do edificio propiedade do concello, pero tampouco se nos deu unha cifra concreta. Recórdese que o concello permutaba a sua parte por un edificio restaurado (tampouco se sabe para qué ano) na Praza de Abaixo, que aportaba a outra parte.
En segundo lugar, por non entrar en mais miudezas, convén suliñar que no Pleno do 1 de Xullo de 2015 tomouse o acordo de delegar na Xunta de Goberno as competencias para xestionar este tipo de convenios e dese xeito eludir a publicidade propia do pleno. Obsérvese que a opacidade deste proceso non ven da semana pasada. En realidade debéramos remontarnos a xaneiro de 2010 para poñer ao día as “xestións” do Sr. Alcalde cara aos antigos propietarios dalgúns dos pisos que acabaron vendendo á empresa devandita, pero ímolo deixar ahí para non extendernos.
Non entraremos polo miudo no historial de convenios tácitos ou escritos, pero sempre rodeados de oscurantismo, nos que participou o actual alcalde de Ribadeo ao longo da sua dilatada carreira política. Por exemplo o convenio asinado o 31 de xullo de 2008 con EON, SEPES e a Consellería de Industria para promover a Subestación eléctrica e presentado ao público como decisivo para o polígono industrial e eliminar os cortes de luz. Lembrar que os cortes de luz seguen igual ou parecido e os prezos das parcelas son os mais altos da comarca. Ou o convenio con Castropol a través da Asociación Puente de los Santos que forneceu unha prantación de Arandanos en Arnao e outra de Froitos do Bosco en A Devesa das que nunca se recolleu un kilo de producción pero se evaporaron mais de 880.000 euros. Ou lembrar os Convenios Urbanísticos asinados con tres grandes constructoras, sen mención á afección ao Camiño de Santiago en dous de eles e metendo no PXOM a edificabilidade para un edificio mastodóntico no terceiro , de baixo e oito alturas a costa de reducir a eficabilidade dos colindantes, (Rúa Rosalía Castro, xunto do Gadis). Ou o exemplo da concesión a unha determinada empresa da obra da travesía dende o Instituto ao Parador, aprobada definitivamente no pleno do 3 de setembro de 2009, cuxa acta, por certo non figura na paxina web, para rexotar na instrucción do caso Pokemon en forma de petición de favores a familiares. Ou o convenio co Sr. Feijoo para inaugurar unha conducción de residuais que deixou sen entroncar unha gran parte das baixantes do casco urbano e rematou de destragar o Rio de Vilaselán. Ou o acordo co Ministerio de Fomento do Sr. Rajoy polo que se decidiu privatizar a Illa Pancha, “un premio para Ribadeo” e rexeitar a esixencia do Defensor del Pueblo de realizar un Estudo de Impacto Ambiental Simplificado dacordo ca Lei de Avaliación Ambiental. Ou por non ir mais lonxe o acordo ca Deputación e Florentino Perez para concederlle a explotación de unha gran parte da residencia da terceira edade e despois tranferirllo a outra firma descoñecida. En fín, non nos extenderemos, so suliñar que a ao longo de estes anos,en todos estes casos e outros que poderíamos lembrar o Sr. Alcalde de Ribadeo sempre contou co consenso do Partido Popular.
A partir de aquí so nos queda facer un chamamento ás persoas que poidan estar interesadas en promover un seguimento de este proceso e presionar a nivel social para conquerir unha restauración integral e definitiva da Torre de Os Moreno que polo camiño que vai ten moi poucas posibilidade de acadarse.
Evaristo Lombardero Rico





















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.