Lugo, 7 de setembro de 2021. Os alcaldes populares demandan unha “estratexia nacional” para non perder servizos bancarios nos concellos da provincia de Lugo. Así o manifestaron durante unha reunión de traballo na que participaron os rexedores de Baleira, Bóveda, O Incio, As Nogais e Paradela e o tenente de alcalde de Guntín, xunto á presidenta provincial do PP, Elena Candia, e ao vicepresidente da Fegamp, o alcalde cervense, Alfonso Villares, na que se amosaron preocupados polo peche de oficinas bancarias especialmente nos concellos máis pequenos e de carácter rural que “supón un impacto negativo para o desenvolvemento de boa parte do noso territorio”.
Candia explicou, neste sentido, que “o Partido Popular da provincia de Lugo levará iniciativas ás distintas institucións demandando ao Goberno de España un plan estatal para combater o peche de oficinas bancarias nas zonas menos poboadas. É dicir, os entornos non urbanos”. E engadiu que “debe ser unha normativa coordinada coas administracións autonómicas, provinciais e locais e que inclúa medidas para facilitar o acceso da poboación a estes servizos”. Así mesmo, sinalan os populares que “debe ser o Goberno de España o que, a través do Banco de España, esixa ás entidades bancarias ratios de prestación de servizo moito máis inferiores” para “garantir uns servizos financeiros mínimos e a igualdade de condicións no seu acceso tanto para a poboación urbana coma para a do rural”.
Os populares amosaron o seu compromiso de traballo para manter e dotar de servizos ás zonas menos poboadas co obxectivo de “potenciar o rural reforzando aos concellos para fixar poboación”. Ao respecto dos servizos bancarios, lembrou Candia que “a Xunta de Galicia foi das primeiras administracións en poñer en marcha, en colaboración co Fegamp, medidas para universalizar o acceso aos servizos bancarios e financeiros independentemente do lugar de residencia”.
Acordos para evitar a exclusión financeira
A presidenta provincial do PP considera que “é necesaria a implicación de tódalas administracións, sen importar as cores políticas, na procura dunha solución a nivel nacional a este problema”. Candia manifestou a conveniencia de “chegar a acordos” co único obxectivo de evitar a exclusión financeira da nosa provincia”.
A este respecto, convida “aos alcaldes, ao Goberno da Deputación de Lugo e aos representantes do PSOE na provincia a presionar ao Goberno do seu partido para que tome medidas ante a situación de exclusión financeira nos concellos lucenses e elabore unha normativa que garanta uns servizos financeiros mínimos”.
A popular lamenta que ata o de agora, “o Goberno se desentendera desta problemática” e que “tampouco o Goberno que preside o señor Tomé se dirixira ao Executivo de Sánchez defendendo os intereses dos lucenses afectados”.






















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



