Lugo, 14 de setembro de 2021. A provincia de Lugo ten infraestruturas ferroviarias moi deficientes e un reducidísimo número de servizos. Os senadores populares por Lugo presentan, unha vez máis, varias iniciativas para que o Goberno, presidido por Pedro Sánchez, explique cal é a situación ferroviaria na provincia de Lugo e para saber se ten previsto incrementar o número de prazas en trens de media distancia.
Os senadores José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Lourenzo Varela sinalan que a operadora ferroviaria pública Renfe incrementou en preto de 3.000 prazas nos seus trens de media distancia en Galicia con motivo do inicio do curso académico 2021/22. Están operativas dende setembro ata xuño, para realizar os percorridos entre A Coruña e Vigo en ambos os sentidos. Destacan que, de novo, se marxina a Lugo, porque esta ampliación de prazas volve deixar fóra á provincia, sen ter en conta que a capital lucense conta cun campus da Universidade de Santiago de Compostela no que se imparten numerosos graos, como o grao en Veterinaria, cuxa facultade no campus de Lugo é unha das máis prestixiosas e acreditadas non só en Galicia, senón tamén en España e mesmo a nivel europeo.
Os senadores lucenses resaltan que o campus de Lugo é o único en Galicia no que os alumnos poden cursar o máster en Innovación en Nutrición, o de Xenómica e Xenética, ou o de Enxeñería Agronómica ou en Enxeñería de Montes, entre outros estudos que só poden realizarse na capital lucense. En consecuencia, Barreiro, Arza e Varela afirman que “non se entende esta discriminación por parte de Renfe á provincia de Lugo, que pode ocasionar que multitude de alumnos sufran dificultades ao cursar os seus estudos no campus lucense ao non poder trasladarse por vía ferroviaria”.
De igual modo, afirman que os universitarios lucenses que estudan noutras provincias galegas son tamén parte prexudicada, ao non poder trasladarse á Coruña ou a Vigo coa frecuencia necesaria. Por iso, queren saber se a operadora ferroviaria Renfe ten pensado incrementar as súas prazas nos trens de media distancia que conectan Lugo co resto de cidades galegas.
Por outro lado, os senadores solicitaron a comparecencia na comisión de Transporte, Movilidad y Agenda Urbana da ministra, Raquel Sánchez Jiménez, e da presidenta de ADIF, María Luisa Domínguez González






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



